GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os retornados da Mariña toman Facenda e envían unha batería de propostas a Montoro

(05/11/2014)

Os retornados da Mariña toman Facenda e envían unha batería de propostas a Montoro


 

A Región_internacional. I. Bande 04/11/2014



retornados_marinha
retornados_marinha

 

 



"Non" imos consentir "unha solución simplemente cosmética ao noso contencioso coa Axencia Tributaria". Con estas palabras o colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña encabezou un comunicado que enviou ao ministro Cristóbal Montoro aproveitando que hoxe se volveron concentrar na Delegación de Facenda en Foz.

O colectivo de retornados da Mariña confirmou que van intensificar a presión poñéndoo nomes e apelidos aos responsables políticos "aquí na Mariña, en Compostela e en Madrid". Neste sentido afirman que os alcaldes do Partido Popular "aprobaron de mala gana as mocións de apoio ao colectivo pero despois non fan nada para premer no seu partido e solucionar o problema. Algúns mesmo votan en contra das nosas demandas como fixeron a semana pasada no Parlamento Galego, Vidal Martínez Sierra e José Manuel Balseiro
".

Os afectados polo cobramento das pensións recibidas dende o exterior denuncian que a Administración estatal de Facenda "segue remitindo cartas con requirimentos de pagamento onde se inclúen sancións e intereses", polo que acusan Facenda e o Partido Popular de "ofrecer parches como solucións, ao tempo que seguen sangrando as nosas pequenas pensións,".

 

Escrito a Montoro

Varios integrantes do colectivo asistentes á concentración rexistraron na Delegación de Facenda escritos dirixidos ao ministro Cristóbal Montoro coas seguintes demandas:

Non imos consentir que se lle dea unha solución simplemente cosmética ao noso contencioso coa Axencia Tributaria por encontrarnos nas vésperas dun ano de importantes envites electorais, e que, pola contra adopten medidas eficaces para que a tributación das nosas pensións sexa xusta e igualitaria".

Congratulámonos de que por fin saiba quen son os verdadeiros defraudadores, que non somos os e as pensionistas retornados. Non obstante iso non é suficiente e polo tanto trasladámoslle as propostas para que no ámbito da reforma fiscal se adopten decisións para resolver de verdade a nosa problemática".

"Os emigrantes retornados non renunciaremos a que se modifique a lei 35/2006 para que as pensións das persoas retornadas tributen igual que a do resto dos galegos".

Neste último sentido ofreceron unha serie de propostas a Facenda, que pasan pola elaboración dun informe "no que se poña de manifesto como por idénticas cantidades tributan máis os retornados que outros pensionistas".

Tamén demandan que no paquete de modificacións legais se inclúan as modificacións necesarias na lei 35/2006 para garantir un trato igualitario. Concretamente refírense ao artigo 96 en relación co 17, "de tal forma que se estableza o deber de declarar a partir de 22.000 euros de ingresos ao ano e que para os restantes se estableza un réxime de retencións idéntico ao do resto dos e das pensionistas".

O colectivo de retornados da Mariña tamén chama a atención á obriga de pagar no país de orixe ou establecer un convenio coa Seguridade Social española -de ao redor de 90 euros ao mes- para ter dereito á prestación sanitaria. Agora demandan que estas cantidades se poidan incluír como gastos deducibles no IRPF, igual que xa acontece cos gastos de seguridade social dos traballadores.

 

 


Cambios esenciais

Os retornados reclaman no seu escrito a Montoro unha serie de cambios "esenciais" na proposta de modificación legal remitida ás Cortes Xerais en relación coas pensións dos e das emigrantes retornadas":

"Modificar o texto remitido ás Cortes no sentido de que en ningún caso a deber de presentar declaración do IRPF se aplique con carácter retroactivo. Polo tanto que o período de regularización só afecte a partir deste ano. "

"Aclaración sobre como se vai realizar a devolución ás persoas que xa foron requiridas e que aboaron sancións e intereses: trámites a realizar. Ao igual que nos sancionaron e ameazaron con embargos de oficio, tamén de oficio deberán devolvernos o noso diñeiro".

 

Trato discriminatorio

Por último e para evitar o que cualifican como "trato discriminatorio" aos retornados debido a "as lagoas na actuación da Axencia Tributaria que poden provocar que se vexan obrigados a tributar sen ter que facelo. O colectivo de retornados da Mariña esixe "informar a todas as persoas afectadas e que se indique quen ten deber de incluír as pensións na declaración habida conta: país de orixe das pensións, as sentenzas existentes, as resolucións do Tribunal Económico Administrativo e os cambios dos últimos anos nos diferentes convenios bilaterais".

"Solicitar información dos países de orixe das pensións, sobre toda Suíza, para verificar que prestacións xa están sometidas a gravame no país de orixe para evitar a dobre imposición. (Hai persoas que por determinadas cantidades xa tributan no país de orixe a pesar do cal a AT lles reclama a súa inclusión na declaración) ".

O recoñecemento de oficio das invalideces realizadas nos países de orixe coa finalidade de acreditar a exención na tributación de ditas pensión. (Actualmente hai persoas con incapacidade total no país de orixe, que segundo o INSS é equiparable á absoluta, que están a ser requiridas pola AT para a súa tributación)

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas