(11/11/2014)
Os emigrantes retornados manifestaranse esta mañá en Facenda
Escrito por:
monforte / a voz
11 de novembro de 2014
A coordinadora de emigrantes retornados da bisbarra de Monforte ten organizada para esta mañá (11:00 horas) unha concentración fronte á delegación de Facenda desta localidade. Este colectivo reclama que se anulen as multas que pretende impoñer a axencia tributaria aos emigrantes que cobraban pensión dos países nos que traballaran e non a declaraban aquí.
Os emigrantes levan meses reclamando con protestas como a de hoxe a retirada dunhas sancións que consideran inxustas porque aseguran que lles faltaba información.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas