GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vedra inicia os actos conmemorativos do centenario das sociedades de emigración

(15/05/2009)

Vedra inicia os actos conmemorativos do centenario das sociedades de emigración

Autor:
La Voz
Data de publicación:
15/5/2009

O Concello de Vedra iniciou a programación dos actos conmemorativos do centenario das sociedades de emigrantes do municipio existentes en Buenos Aires.

Dentro destas iniciativas destaca a conferencia que hoxe imparte o catedrático de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto e Andrés Domínguez Almansa, historiador e autor do libro «Asociacionismo agrario e poder local en Teo».

O título da conferencia é «Dar e concordar na Ulla do século XVIII», recentemente editado pola Deputación da Coruña e no que se aborda a conflitividade social da comarca durante un século no que se xeraron as condicións económicas que finalmente provocaron a emigración masiva desde Galicia ao continente americano. A conferencia comezará a partir das 21 horas na Casa do Sindicato.

-----------

Para máis información, consulte a páxina web do Centenario: http://www.100anosvedraemigrante.com

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas