GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santiago. Emigrantes retornados piden que se faga efectiva a devolución das sancións

(19/01/2015)

Emigrantes retornados piden que se faga efectiva a devolución das sancións

 

Os emigrantes retornados reuníronse en Santiago para analizar a súa situación. sandra alonso

 

O colectivo dos emigrantes retornados, reunidos onte en Santiago, insistiu na necesidade de modificar a normativa para corrixir as diferenzas fiscais entre quen cobran as súas pensións só do Goberno español e os que teñen parte dos seus ingresos procedentes de pensións doutros países. Consideran discriminatorio que, aqueles que contan con dous gobernos pagadores, sufran unha maior presión fiscal, que os que só teñen un pagador aínda cobrando ambos a mesma cantidade.

Pero, aínda por riba, os reunidos en Santiago reiteraron a necesidade de que o Ministerio de Facenda faga efectivos con urxencia a devolución das cantidades cobradas, en concepto de multas, e que se comprometeron a devolver.

As reclamacións empezáronse a formalizar a partir do 1 de xaneiro, pero os emigrantes retornados lamentan que Facenda dispoña de ata seis meses para facer efectivas as devolucións. Piden que non se esgote o prazo dispoñible pola Administración, xa que se trata de persoas con ingresos limitados e para quen a devolución das sancións económicas suporá un alivio financeiro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas