GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O conselleiro de Cultura visita a mostra sobre Manuel Vázquez, o poeta emigrante, en Ourense

(30/01/2015)

O conselleiro de Cultura visita a mostra sobre Manuel Vázquez, o poeta emigrante, en Ourense

 

El conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, y la presidenta del Parlamento de Galicia, durante uno de los actos con el que el Centro Gallego inició su campaña a favor de reivindicar a Manuel Rodríguez López.
O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, e a presidenta do Parlamento de Galicia, durante un dos actos co que o Centro Galego iniciou a súa campaña a favor de reivindicar a Manuel Rodríguez López
.





I.B
. 29/01/2015


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou a exposición coa que se rinde homenaxe a Manuel Rodríguez López no Ateneo de Ourense, que chegou a ser considerado o máis insigne poeta obreiro da literatura galega do século XX. A mostra, que se enmarca nas actividades do proxecto que leva o nome do escritor, está promovida por Galicia Dixital e a familia do escritor co apoio da Consellería de Cultura e Educación, do Concello de Paradela, ademais da Deputación e o Concello de Lugo, a Real Academia Galega e, nesta ocasión, do centro ourensano
, onde a exposición está aberta ao público ata o 31 de xaneiro.

O Goberno galego, a través do departamento de Cultura e Educación, quere renderlle un tributo a quen o conselleiro definiu como "un intelectual que viviu con orgullo o sentimento de pertenza á cultura galega, á que enriqueceu con achegas moi valiosas,". Xesús Vázquez Abad destacou tamén a traxectoria dun home que "obrigado de neno a iniciar o camiño da emigración, encontrou nese tránsito forzado conciencia, saber e pensamentos audaces, pero que nunca abandonaría a mirada transparente do neno nacido en Paradela
".

O proxecto Manuel Rodríguez López, iniciado hai tres anos, está conformado por unha páxina web en galego, catalán, castelán e inglés, diversas publicacións e actividades, ademais desta mostra itinerante que xa percorreu parte da xeografía galega e o Centro Galego de Barcelona. Con el preténdese difundir a vida e obra do autor de Paradela, que con moi poucos anos emigrou a Cataluña converténdose no poeta en lingua galega que difundiu o labor dos seus paisanos na comunidade onde emigraron, constituíndo a ponte entre Galicia e Cataluña e chegando a ser considerado o máis singular da literatura galega do século XX.

Ademais do conselleiro, no acto tamén participaron o secretario xeral de política lingüística, Valentín García; o alcalde de Paradela, Xosé Manuel Mato; ademais da viúva do escritor, Irene López, o director de Galicia Dixital, Antonio Giz e a presidenta do Ateneo, Isabel Salado.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas