GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A sociedade 'Naturais de Ortigueira' acolleu un curso de formación para mozos da emigración

(02/02/2015)

A sociedade 'Naturais de Ortigueira' acolleu un curso de formación para mozos da emigración


Feliberto Carrié
, A Habana | 01 Febreiro 2015 - Crónicas da Emigración


Las autoridades gallegas y las españolas en la Isla posan junto a los jóvenes.
As autoridades galegas e as españolas na Illa  
posan xunto aos mozos.

 

O secretario xeral explicou aos mozos das colectividades que "vostedes serán os que terán que lidar co proceso que agora se inicia en Cuba e no cal se construirá un futuro mellor".

Asistiron á inauguración, Jorge Montealegre, cónsul xeral de España en Cuba; Jesús Chacón, o xefe da Oficina de Emprego e Seguridade Social na Habana; Jesús Orallo, presidente de Naturales de Ortigueira; e Julio Santamarina, presidente da Federación de Sociedades Españolas en Cuba.

O primeiro curso de formación de Xestión de Proxectos para Entidades no Exterior inaugurouse na sociedade 'Naturais de Ortigueira' coa presenza de Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta, e o embaixador de España na Illa, Juan Francisco Montalbán
.

A lección inaugural do curso foi ofrecida polo profesor universitario Abel Veiga, director da Área Internacional do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). A continuación, Ildefonso de la Campa, xefe de Gabinete da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta
, impartiu un módulo práctico aos asistentes.

Ao falar na apertura do evento, Rodríguez Miranda expresou que o curso é parte dun grupo de iniciativas do Ministerio de Emprego e a Xunta
para adiantar proxectos de desenvolvemento dos mozos da emigración e cuxa finalidade é darlle acceso á formación especializada e ao desenvolvemento de proxectos que beneficie á colectividade nova da emigración española.

Miranda
explicou que Cuba actualmente está nunha dinámica de traballo na que sen lugar a dúbidas chegarán ao país empresarios de todo o mundo, e os mozos de orixe hispana estarán ben preparados para futuros traballos técnicos e profesionais con esas características.

Dixo aos primeiros participantes no curso que "vostedes estarán mellor preparados para enfrontar o traballo laboral en empresas españolas e doutras rexións do planeta porque este curso será bo para traballar en actividades propias e empresariais".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas