GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Foro Galego de Inmigración presenta 2.000 firmas para esixir a supresión "total" dos centros de internamento

(18/05/2009)

O Foro Galego de Inmigración presenta 2.000 firmas para esixir a supresión "total" dos centros de internamento
 Súmase á iniciativa europea 'Pontes, non muros', que busca a promoción e o respecto dos dereitos das emigrantes
E.P. SANTIAGO
O Foro Galego de Inmigración presentou hoxe no Rexistro da Xunta máis de 2.000 firmas para esixir ás autoridades a supresión "total" e "absoluta" dos centros de internamento de estranxeiros, nos que se retén a persoas "polo só feito da comisión de unha falta administrativa".

Segundo salientou a voceira do colectivo, Rocío Rodríguez, en declaracións a Europa Press, o Foro -que levou a cabo a recollida de firmas desde fai dúas semanas-, súmase así ao manifesto 'Pontes, non muros', a iniciativa a nivel europeo que busca a promoción e o respecto dos dereitos dos emigrantes.

Así, baixo o lema 'Por unha Europa respectuosa cos dereitos dos emigrantes', a campaña pretende a "sensibilización" e "reivindicación" respecto a puntos como a regularización das persoas en situación administrativa irregular, a libre circulación e residencia dos emigrantes ou o dereito a "unha cidadanía plena", explicou.

Neste enderezo, resaltou que os distintos grupos que conforman o Foro "non están de acordo" co Anteproxecto de Lei de Estranxeiría do Executivo central. Ademais, esixen a "retirada" da Directiva de retorno que recentemente aprobou a Unión Europea, así como a supresión dos centros de internamento, que "fai pouco aumentaron o tempo de retención de 40 a 60 días", indicou.

Asemblea galega

"Non se pode reter a unha persoa que non cometeu ningún delito, só unha falta administrativa", denunciou Rodríguez, tralo que anunciou a continuidade nos seus actos de protesta coa celebración da IV Asemblea Galega de Emigración e Retorno, o próximo 31 de maio, en Ourense.

Nesta reunión, os distintos integrantes do Foro presentarán propostas para a súa aplicación a nivel galego, ademais de tratar de que estas medidas " se trasladen ás autoridades do Goberno central", concluíu.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas