GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración

(20/05/2009)

Santiago Camba: “Os centros deben recuperar o protagonismo que sempre tiveron”
O novo secretario xeral de Emigración terá entre as súas prioridades lograr o voto en urna para a diáspora
E. E. Vigo.
O novo secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba Bouzas, declarou a España Exterior que “os centros deben recuperar o protagonismo que sempre tiveron”. Camba mostrouse moi ilusionado con esta nova responsabilidade e con ganas de “achegar ao Goberno a miña experiencia en emigración e inmigración, unha materia á que dediquei moitos anos”.
Tal e como adiantou España Exterior no seu número do pasado 12 de maio, Santiago Camba Bouzas foi nomeado novo secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

En declaracións a este xornal, Camba afirmou que un dos seus obxectivos será devolver aos centros galegos o protagonismo que sempre tiveron. “Os centros deben recuperar o protagonismo que sempre tiveron como  xeradores de cultura, asistencia social e sanitaria, etc. Algo que na última etapa parece que esmorecera xa que os centros pasaran a un segundo plano e agora hai que recuperar o seu importante papel”.

O novo responsable da política de Emigración do Executivo galego ten experiencia nesta materia xa que foi conselleiro de Traballo e Asuntos Sociais en Brasilia e delegado da Fundación Galicia Saúde en Bos Aires, un cargo que naquel momento supoñía asumir a xerencia do Hospital do Centro Galego.

De feito, esta nova responsabilidade asúmea “con moita ilusión e con ganas de achegar ao Goberno a miña experiencia en emigración e inmigración, unha materia á que dediquei moitos anos”.

Feijóo marcou os obxectivos

No que fai ás que deben ser as súas prioridades algunhas xa marcounas o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o pasado 14 de maio, trala reunión do Consello na que foi nomeado. Feijóo indicou na roda de prensa posterior que o reto fundamental que asume é “facer partícipes aos emigrantes da cultura e do patrimonio galego e aos emigrantes que máis o  necesitan dos avances sociais que temos en Galicia” e “intentar e conseguir o voto en urna ou telemático nas próximas eleccións autonómicas de toda a colectividade galega que supón o 15% do censo electoral”.

No que fai ao voto, Santiago Camba sinalou que “o importante é que os emigrantes poidan votar en liberdade e con certeza e parece que o voto en urna é a mellor forma de garantir estas duas premisas. Ademais, agora mesmo se dan as condicións técnicas para que isto sexa posible e é unha tarefa de todos loitar porque os cidadáns galegos que residen no estranxeiro poidan votar en urna nas próximas eleccións autonómicas”.

Perante estes retos, Camba sinalou que “un dos obxectivos fundamentais e prioritarios da Secretaría Xeral de Emigración é pensar e actuar a favor dos máis febles e daqueles que máis o necesiten e tamén achegalos á nosa terra e que poidan gozar de todos os avances que logramos nos últimos anos”. Así mesmo, Camba indicou que outro obxectivo é “a difusión da cultura e da galeguidade a través dos emigrantes e por todo o mundo”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas