A celebración do Día Internacional da Muller deixará en Valga un rosario de actos organizados desde o Concello. Arrincará o venres, con varios programas especiais que se emitirán na radio municipal. Ese día, ás seis da tarde, reunirase a Mesa dá Muller. Será no auditorio e consistirá nun encontro de traballo no que os técnicos do CIM analizarán as demandas e problemáticas das mulleres. Ás oito da tarde, e no mesmo recinto, impartirase unha charla sobre como combater a fibromialxia.
O 8 de marzo, por outra banda, celebrarase o acto central do programa. Consistirá este en unha homenaxe ás mulleres emigrantes. Será ás sete da tarde, de novo no auditorio de Cordeiro.
Xa o día 10, os actos trasládanse ao instituto, onde se impartirá un taller de adolescencia e sexualidade.