GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración. só tres de cada dez condutores inmigrantes contratan un seguro de coche, segundo un estudo

(22/05/2009)

Inmigración. só tres de cada dez condutores inmigrantes contratan un seguro de coche, segundo un estudo
21/05/2009 - 
MADRID, 21 (SERVIMEDIA) Só tres de cada dez condutores inmigrantes contratan un seguro de coche, diante das dificultades que atopan para facelo, segundo un estudo de AsesorSeguros.com.

O estudo reflicte as causas que fan que os condutores deste colectivo sexan dos máis prexudicados xunto cos mozos á hora de contratar unha póliza de seguro.

Entre as causas que os inmigrantes alegan para non ter seguro de coche atópanse o non poder validar o permiso de conducir, problemas de idioma e as negativas dalgunhas aseguradoras a condutores con permisos de condución estranxeiros.

O estudo salienta que aínda existindo un convenio de validación do carné de conducir co país de orixe, este é un proceso que chega a atrasarse máis de seis meses desde o momento da solicitude e a maioría de compañías de seguros néganse a ofrecer cobertura durante ese intervalo de tempo.

Tamén sinala que as aseguradoras aplican recargas a este colectivo, alegando as diferencias nas formas de condución duns e outros países e a falta de experiencia en estradas españolas.

O informe conclúe que, "desafortunadamente, debido á necesidade de utilizar o coche para a súa vida cotiá, e diante das dificultades para contar cun seguro, moitos estranxeiros optan por coller o seu vehículo sen carné ou póliza".

O director de AsesorSeguros.com, Mario Brüggemann, afirma que "unha maior axilización dos trámites de validación, así como un maior soporte por parte das compañías de seguros de coche, traduciríase nun maior cumprimento da norma, diminuíndo considerabelmente o número de coches sen asegurar".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas