(10/04/2015)
La Opinión | redacción | a coruña 10.04.2015 |
A Plataforma de Emigrantes Retornados na Coruña organizou onte unha nova protesta na praza de María Pita para reclamar un cambio na lexislación que os obriga a tributar polas súas pensións "cantidades discriminatorias" e para pedir un tratamento fiscal "equivalente" aos demais pensionistas. O presidente provincial do colectivo, Manuel Vázquez, destacou a "tremenda inxustiza" que, segundo explicou, está a cometerse contra este colectivo, e pediu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, solucións a unha situación fiscal que os "discrimina". A trintena de participantes na protesta situáronse fronte ao Concello cunha pancarta ao berro de "Somos emigrantes, non defraudadores".
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas