GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

'Voltar á terra' nace para que os mozos que emigran poidan regresar e traballar en Galicia

(13/04/2015)

'Voltar á terra' nace para que os mozos que emigran poidan regresar e traballar en Galicia

 

Redacción, Santiago | 11 Abril 2015 - Crónicas da Emigración

Integrantes de 'Voltar á Terra', durante la presentación de la plataforma en Santiago.

 

Integrantes de 'Voltar á Terra', durante a presentación da plataforma en Santiago.

 

 

Impulsada por un grupo de galegos arredor do mundo, o pasado venres presentouse na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela a plataforma 'Voltar á terra', que nace co apoio da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Galegos Retornados e a Asociación de Emigrantes Retornados Marusía. Durante a presentación da plataforma proxectouse un vídeo < https://www.youtube.com/watch?v=b-Dl4qsrsr4 > realizado por galegas de todo o mundo.

Segundo Manolo Do Val, pai dunha moza emigrada e coordinador da iniciativa, en tres de cada catro fogares galegos hai alguén emigrado. Ademais, destaca que 200.000 persoas abandonaron Galicia dende 2007, o que supón a suma da poboación das cidades de Ferrol e Lugo.

Pola súa banda, Natalia Cabana, quen emigra cara a Inglaterra a próxima semana, explicou que 'Voltar á Terra' nace coa vontade de xerar conciencia entre as persoas que viven en Galicia e as que tiveron que emigrar, "esixindo entre todas cambios políticos que nos permitan vivir dignamente no noso país e emigrar cando queiramos, e non cando nos vexamos obrigadas a facelo.

Esta mesma situación vivírona varias décadas atrás Xosé Lois Leirós e Manuel Domínguez, voceiros dos emigrantes retornados, que chamaron a establecer ferramentas propias como a plataforma para romper o círculo de dependencia "que nos forza a emigrar".

Tamén quixo dar o seu apoio á iniciativa Guillerme Ignacio, membro de Quempallou, quen explicou o que supón a emigración dende a perspectiva do familiar e amigo, e interpretou unha cantiga de Cotobade dirixida ás persoas que tiñan que marchar a buscarse a vida fóra.

Segundo sinalaron durante a presentación, o primeiro paso da iniciativa é a recollida de apoios individuais e de distintas entidades por medio de https://voltaraterragalega.wordpress.com, e xunto ás galegas na terra e na emigración que queiran colaborar e unirse á iniciativa, "facer valer os nosos dereitos diante de institucións que terían que representarnos e non forzarnos a marchar".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas