GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rumí afirma que os inmigrantes "non son o problema nin a causa da crise, pero tampouco son a solución"

(25/05/2009)

".Rumí afirma que os inmigrantes "non son o problema nin a causa da crise, pero tampouco son a solución"
25/05/2009 
A secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Consuelo Rumí, afirmou hoxe que os inmigrantes "non son o problema nin a causa da crise, pero tampouco son a solución", porque ao seu xuízo se trata de "uns traballadores máis" que se "adaptan" á situación económica como o resto.

MADRID, 25 (EUROPA PRESS)

A secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Consuelo Rumí, afirmou hoxe que os inmigrantes "non son o problema nin a causa da crise, pero tampouco son a solución", porque ao seu xuízo se trata de "uns traballadores máis" que se "adaptan" á situación económica como o resto.

Rumí fixo estas declaracións durante un coloquio organizado por Faxpress baixo o título 'Estranxeiros Unha solución á crise económica?' no que tamén participaron o presidente da Asociación de Traballadores Inmigrantes Marroquís en España (ATIME), Kamal Rahmouni e o secretario xeral da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA), Sebastián Reyna.

Segundo explicou a secretaria de Estado, a diferenza entre os traballadores inmigrantes e os nacionais é que a crise "se ceba especialmente" cos primeiros, xa que carecen das redes sociais e familiares de apoio coas que si contan a maior parte dos españois.

Por este motivo, a "única medida" no ámbito laboral e de protección que o Goberno aplicou exclusivamente para os estranxeiros é o retorno voluntario, que permite acumular a prestación por desemprego para emprender a volta ao país de orixe a condición de non regresar a España nun prazo determinado.

Neste sentido, o representante da UPTA sinalou que entre os autónomos o retorno non é unha opción, non só porque non poidan acollerse ao programa do Goberno ao non ter paro que capitalizar, senón porque "non está no sentir xeral". Na súa opinión, "a inmigración xogará un papel importante na solución á crise" principalmente pola capacidade de emprendemenro dos estranxeiros.

Non obstante, sinalou que entre xuño e abril a cifra de inmigrantes autónomos descendeu en 30.000 persoas, a maior parte das cales traballaba na construción e apuntou que este descenso pode significar un incremento da economía informal, xa que estas persoas que déronse de baixa "nin están nas listas de busca de emprego, nin teñen subsidio algún e teñen débedas con entidades financeiras".

En total, a finais de abril de 2009 o 11 por cento dos estranxeiros dados de alta na Seguridade Social traballaban como autónomos (207.690 persoas). Deles, máis de 50.400 dedicábanse ao pequeno comercio, onde segundo explicou Reyna, salientan cidadáns procedentes de China, "o único colectivo de autónomos que está medrando constantemente".

Pola súa banda, Rahmouni referiuse á chamada 'tarxeta azul' que se impulsou no seo da Unión Europea para a contratación en orixe de traballadores con alta cualificación. Segundo dixo, isto supoñería "levarse ás persoas mellor formadas" dun país, o que na súa opinión, "podería a longo prazo agravar a situación".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas