GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno prevé que a poboación española siga emigrando ao longo da próxima década

(04/05/2015)

O Goberno prevé que a poboación española siga emigrando ao longo da próxima década


Los jóvenes españoles seguirán emigrando en la próxima década, según los datos manejados por el Gobierno.
Os mozos españois seguirán emigrando na próxima década, segundo os datos manexados polo Goberno.



A Rexión Internacional 01/05/2015.

A poboación seguirá emigrando de España na próxima década, o que reducirá o número de xubilados con dereito a pensión, e non se recuperarán altas taxas de inmigración neta ata a partir de 2030, segundo subliña o Goberno na actualización do Programa de Estabilidade remitido a Bruxelas.

A evolución demográfica, xunto ás previsións macroeconómicas e a reforma de pensións de 2013, fará que o gasto en pensións sobre o PIB
se sitúe no 11% en 2060, oito décimas menos que en 2013.

A poboación española manterase máis ou menos estable nos 46 millóns de persoas ata 2060 debido á continuidade da emigración ata 2023, aínda que este fenómeno expandirá os seus efectos ata 2060. Haberá, polo tanto, menos xubilados con dereito a pensión en 2050 e a partir de 2030 as taxas de inmigración volverán ser elevadas.

Tendo en conta todos estes factores, o Goberno cre que a presión demográfica xerará unha tendencia alcista no gasto en pensións sobre o PIB
ata 2050, para sufrir dende entón "presións baixistas".

O feito de que a porcentaxe do gasto en pensións sobre o PIB vaia situarse en 2060 (11%) por debaixo do de 2013 (11,8%) reflicte que o índice de revalorización das pensións introducido coa reforma de 2013 "tende a estabilizar o gasto en pensións sobre PIB
en torno ao seu nivel de partida".

O impacto estimado polo Goberno da reforma de pensións de 2013 é a moderación do gasto sobre o PIB
en 2,5 puntos en 2060 respecto ás proxeccións sen reforma baseadas no novo cadro macroeconómico.

Baixa o gasto en Educación e sobe en Sanidade

O gasto sobre o PIB en educación tamén se reducirá oito décimas entre 2013 e 2060, ata representar o 3,7%, como consecuencia, segundo o Goberno, do envellecemento da poboación e da redución da taxa de paro. Estes mesmos factores farán que o gasto en desempregos sobre o PIB baixe neste período en 1,7 puntos, ata o 0,5% do PIB.

Pola contra, o envellecemento da poboación provocará que o gasto en sanidade escale 1,1 puntos entre 2013 e 2060, ata situarse no 6,9% do PIB. En coidados de longa duración, o gasto aumentará 1,4 puntos, ata o 2,4% do PIB.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas