GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración. O goberno destina 2 millóns a programas de retorno de inmigrantes aos seus países

(06/05/2015)

Inmigración. O goberno destina 2 millóns a programas de retorno de inmigrantes aos seus países

 

lainformacion.com

martes, 05/05/15 -



A Dirección Xeral de Migracións, do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, aprobou unha resolución pola que se destinarán 2 millóns de euros a programas de retorno voluntario de inmigrantes aos seus países.

Estes programas considerarán proxectos "que supoñan o seu reasentamento na sociedade da que partiron e sempre que estes sexan de interese para aquela comunidade", segundo a resolución publicada este martes no BOE..

O grupo social ao que van dirixidas as axudas ao retorno voluntario son persoas inmigrantes en situación de vulnerabilidade social, incluídas posibles perceptoras do aboamento acumulado da prestación por desemprego. Así mesmo, habilítase unha liña de financiamento para aquelas persoas estranxeiras que desexen complementar o retorno cun proxecto produtivo empresarial mediante a creación dunha microempresa, todo iso coa intención de alcanzar un dobre obxectivo: garantir o retorno digno das persoas e favorecer a súa reintegración na sociedade da que partiron.
O programa incluirá pagamento do billete de retorno ao seu país de procedencia dende o lugar do seu domicilio en España, para o interesado, menores dependentes e os seus familiares extracomunitarios ata segundo grao de afinidade e consanguinidade.
Entregaranse 50 euros por persoa, ata un máximo de 400 euros por unidade familiar, para facilitar a manutención durante o transcurso da viaxe dende o seu lugar de residencia ata o punto de saída.
Tamén se xestionará unha axuda económica de 400 euros por persoa, ata un máximo de 1.600 euros por unidade familiar, como axuda á primeira instalación no país de retorno.

 

AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Consulta as axudas e subvencións mais importantes.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas