(08/05/2015)
Os retornados galegos: "Non" pararemos "ata conseguir todas as nosas reclamacións"
Retornados galegos durante unha manifestación por las rúas de Santiago de Compostela.
A Rexión Internacional 08/05/2015
Os galegos que perciben pensións do estranxeiro expresaron a súa satisfacción por conseguir que o PPdeG se adherise a "a metade" das súas reivindicacións, pero indicaron que non pararán ata conseguir a totalidade das súas reclamacións.
Varios emigrantes galegos retornados concentráronse esta mañá ante a delegación de Facenda para reclamar a exoneración de parte dos impostos aboados e o reembolso destes, indicou a Efe un voceiro da plataforma asociativa de Compostela, Manuel Domínguez.
Así mesmo, indicou que os emigrantes reclaman que se lles aplique o pagamento de impostos a partir do cobramento de 22.000 euros anuais, en lugar de 11.200 euros, xa que considerou que iso é discriminatorio.
Apuntou que unha lexislación adoptada polo PSOE en 2008 e aplicada polo PP a partir de 2013 os somete a esa reforma, algo que afecta a uns 250.000 pensionistas que perciben total ou parcialmente pensións doutros países europeos.
Tamén sinalou que os pensionistas piden que lles reembolsen os atrasos pendentes.
Así mesmo, comentou que a outra reclamación pendente se refire ao feito de que algúns dos pensionistas que foron declarados en Suíza, Alemaña, Francia, Holanda e outros países europeos como discapacitados se encontraron ao regresar a España que a súa minusvalidez foi avaliada de xeito restritivo.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas