GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Amnistía Internacional denuncia a política de inmigración de Europa

(28/05/2009)

Amnistía Internacional denuncia a política de inmigración de Europa 
LLUÍS M. ONTOSO | MADRID
Para Aministía Internacional (AI) o actual panorama económico está alimentando a violación dos dereitos Humanos no mundo. «A crise económica está acentuando o que xa é unha explosiva crise dos dereitos humanos», sinalou Eva Suárez-Chans, directora da sección española de AI, durante a presentación onte en Madrid do informe anual «O estado dos dereitos humanos no mundo».
Nin sequera a chegada do novo inquilino da Casa Branca supuxo un motivo de esperanza. A Obama atribúenlle unha política errática, cunha xestión nos seus primeiros meses de Goberno «cargada de mensaxes contradictorios».
Durante a roda de prensa, na que tamén participou Itziar Ruiz-Giménez, presidenta da sección española de AI, as representantes españolas desta ONG con sede en Londres foron especialmente críticas coa política de inmigración dos países europeos. AI advirte de que a crise está acentuando a repatriación de inmigrantes a países onde non se garante o respecto dos dereitos humanos, como Marrocos, Mauritania e Libia. «Neste sentido», puntualizou Suárez-Chans, «a Unión Europea é un dos peores exemplos».
O informe 2009 estuda o estado dos dereitos en 157 países. Entre o máis salientado atópase súa análise da situación de Cuba, onde AI non observa diferencias substanciais entre a xestión de Raúl e Fidel Castro. Entre tanto, sinala que en Venezuela notificáronse «agresións xeneralizadas a xornalistas» de «civís e membros das forzas de seguridade», e un intento de «socavar» o traballo das ONG por parte do réxime de Hugo Chávez.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas