GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O número medio de estranxeiros afiliados á Seguridade Social aumenta en abril en 44.540

(22/05/2015)

O número medio de estranxeiros afiliados á Seguridade Social aumenta en abril en 44.540


-É o maior incremento nun mes de abril dende 2005
-Os maiores grupos de traballadores proceden de Romanía (288.277), Marrocos (202.159), China (91.669) e Ecuador (70.666)
-É o primeiro abril dende 2008 que crece a ocupación en taxa anual

 

 

21 maio 2015



Foto ilustrativa de la noticia


AFILIADOS EXTRANXEIROS ABRIL 2015 Documento en formato PDF


A afiliación á Seguridade Social de cidadáns de orixe estranxeira situouse en 1.607.883 o pasado abril, un 2,85% máis, que en marzo, isto é, 44.540 ocupados novos. O sistema rexistrou este ano o maior aumento nun mes de abril dos últimos dez anos.

En relación a 2014, o número de ocupados presenta un avance do 2,83%, o equivalente a 44.262 afiliados máis. É o primeiro abril dende 2008 no que crece a ocupación en taxa anual. En anos anteriores chegáronse a rexistrar caídas de ata o -10,54% (abril de 2009).

Do total de traballadores estranxeiros que cotizan no Sistema, os grupos máis numerosos proceden de Romanía (288.277), Marrocos (202.159), China (91.669) e Ecuador (70.666). Séguenos os que proveñen de Italia (69.422), Bolivia (57.266), Reino Unido (56.648) e Colombia (52.222).



Comunidades Autónomas

Respecto ao mes anterior, en abril o número de afiliados estranxeiros aumenta en todas as comunidades autónomas, salvo en Canarias (-0,68%). As maiores subas rexístranse en Baleares (16,69%), Andalucía (5,92%) e Extremadura
(2,78%).

En relación ao ano pasado, o mapa de ocupados crece en todas as comunidades agás en Galicia (-0,85%) e Ceuta (-2,84%). As que reciben maior número de traballadores estranxeiros son Baleares (7,10%), Comunidade Rexión de Murcia (5,03%) e Comunidade Valenciana (4,33%).

No balance xeral de abril, do total de traballadores de orixe foránea 943.114 proceden de países de fóra da UE
e o resto (664.769) de países comunitarios.

Por réximes, a maioría dos ocupados estranxeiros está encadrado no Réxime Xeral: 1.352.992, concretamente (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 207.501 ocupados, e o de Fogar, 207.246); ségueo o de Autónomos, con 250.362 persoas; o Réxime Especial do Mar, 4.254 e o Carbón, 275.

A maioría dos sectores económicos suman novos ocupados provenientes doutros países, tanto en termos mensuais como anuais.

Da cifra total de ocupados en abril 866.138 son homes e 741.746 mulleres.

Os datos de afiliados por comunidades autónomas distribúense así:

 

CCAA TOTAL XERAL  Xeral (1) S.E. Agrario S.E. Fogar AUTÓNOMOS MAR CARBÓN TOTAL
ANDALUCÍA 188.857 78.767 92.372 17.718 33.825  300 0 222.982 
ARAGÓN 45.776 32.100 6.138 7.538 7.318  0 85 53.179 
ASTURIAS 9.874 6.889 277 2.708 2.267  193 175 12.509 
ILLES BALEARS 52.894 45.338 1.346 6.211 15.914  185 0 68.993 
CANARIAS 58.437 52.739 2.257 3.441 18.356  506 0 77.299 
CANTABRIA 7.998 5.806 179 2.013 1.625  136 0 9.759 
CASTELA-LEÓN 38.152 27.777 3.896 6.480 5.974  0 15 44.141 
CAST.-A MANCHA 42.556 27.626 10.060 4.870 6.462  0 0 49.018 
CATALUÑA 302.852 253.039 11.714 38.099 55.871  760 0 359.483 
C. VALENCIANA 138.198 96.847 24.657 16.694 34.652  361 0 173.211 
EXTREMADURA 8.896 4.528 3.348 1.019 1.820  0 0 10.716 
GALICIA 22.187 17.504 1.055 3.627 5.279  1.274 0 28.739 
C. DE MADRID 288.331 216.139 954 71.238 41.467  53 0 329.850 
R. DE MURCIA 74.546 24.564 44.064 5.918 6.258  115 0 80.919 
NAVARRA 16.712 11.197 2.303 3.212 3.072  0 0 19.784 
PAÍS VASCO 40.211 27.192 983 12.037 7.578  349 0 48.138 
LA RIOJA 10.764 7.053 1.898 1.813 1.584  0 0 12.348 
CEUTA 2.231 1.083 0 1.148 281  21 0 2.533 
MELILLA 3.521 2.059 0 1.461 761  2 0 4.284 
TOTAL 1.352.992 938.245 207.501 207.246 250.362  4.254 275 1.607.883 

 

1 ) Non se inclúen os afiliados dos Sistemas Especiais Agrario e Fogar

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas