GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A exposición ‘Nós mesmos' atraeu á colectividade española en Mar do Prata

(28/05/2009)

A exposición ‘Nós mesmos' atraeu á colectividade española en Mar do Prata
 I.J. Louro - MAR DO PRATA - 28-05-2009 O Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración, coa colaboración da Asociación Botando Raíces, organizaron a exposición ‘Nós mesmos'. Asociacionismo Galego na emigración', que foi presentada nos salóns do Torreón do Monxe, emblemático edificio situado sobre a costa marplatense.


A a inauguración contou coa presenza de numerosos representantes dos organizadores, como Emilia García López (do Consello de Cultura Galega); Luis Miguel Vázquez Carreira (da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta); o vicecónsul Honorario de España en Mar do Prata, Fernando García Navarro e o presidente do Centro Galego de Mar do Prata, Enrique Labora Lesta.

A exposición ‘Nós mesmos' resume máis dun século de historia do asociacionismo e está configurada en sete capítulos. Os visitantes poden coñecer a historia do movemento asociativo galego percorrendo 62 paneis escritos en galego e castelán, que permiten coñecer as asociacións fundadas polas emigrantes galegos.

A mostra pretende destacar a capacidade da emigración galega, para auto organizarse, nos seus lugares de destino.

 Entre os presentes no acto de inauguración se atopaban Verónica Torres Bugallo, presidenta de ‘Botando Raíces' (entidade creada hai tres anos en Bos Aires) e o fotógrafo Santiago Ávila, integrante desa institución. Cabe destacar a actuación do Grupo ‘Kalaikía' (conxunto marplatense de música celta).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas