GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Chegan as e os primeiros participantes do programa ‘Conecta con Galicia’, que este ano fai posible que 174 descendentes de cidadás e cidadáns galegos convivan con mozas e mozos residentes na Comunidade

(02/07/2015)

Chegan as e os primeiros participantes do programa ‘Conecta con Galicia’, que este ano fai posible que 174 descendentes de cidadás e cidadáns galegos convivan con mozas e mozos residentes na Comunidade

 

 
 

A iniciativa desenvólvese en dúas modalidades, unha de actividades ao aire libre e outra en campos de traballo. 

  • Imaxe da chegada ao aeroporto compostelán de Lavacolla
    Imaxe da chegada ao aeroporto compostelán de Lavacolla
  • Imaxe da chegada ao aeroporto coruñés de Alvedro
    Imaxe da chegada ao aeroporto coruñés de Alvedro

 

 

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015.

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

 

As e os primeiros participantes da edición deste ano do programa da Campaña de Verán ‘Conecta con Galicia’, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas galegas e que residan no Exterior, aterraron esta mañá nos aeroportos da Coruña e Santiago. No primeiro deles, foron recibidos polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e maila delegada da Xunta na Coruña, Belén Do Campo; e no compostelán, Miranda estivo acompañado pola subdirectora xeral do Instituto da Xuventude de Galicia, María Mosteiro.

 

Trátase dunha iniciativa da propia Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pola que se pretende que este colectivo teña oportunidade de coñecer de primeira man a realidade galega, e atoparse coas e cos seus familiares da outra beira do Atlántico no marco da Campaña de Verán da Consellería de Traballo e Benestar.

 

O programa ten como obxectivo fortalecer esas ligazóns que relacionan a estes mozas e mozos coa terra das súas familias e que, en moitas ocasións, senten como propia ao mesmo ou superior nivel dos países onde naceran. A iniciativa, para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial. 

 

Así, o programa permite que 174 descendentes de cidadás e cidadáns galegos poidan coñecer a realidade da mocidade galega a través da convivencia e das experiencias que lles acheguen as actividades previstas, e sobre todo da convivencia persoal e humana cos seus coetáneos e coetáneas desta parte do océano, pois a estadía realízase conxuntamente cun colectivo de rapaces e rapazas residentes na Galicia territorial.

 

Actividades de aire libre
‘Conecta con Galicia’ desenvolvese en dúas modalidades. A primeira delas son actividades de aire libre, modalidade da que se beneficiarán 155 mozos e mozas galegos residentes fóra de Galicia, distribuídos en dous grupos de idade, de 14 a 17 anos e de 18 a 20 anos. Compartirán con mozos e mozas residentes en Galicia, en dúas quendas de doce días, do 1 ao 12 de xullo e do 15 ao 26 de xullo, as residencias e albergues xuvenís situados en Galicia e dependentes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar.

 

Nestas instalacións  realizarán dúas actividades, de seis días cada unha. Durante a primeira, denominada “Cultura e Camiño”, as e os participantes aloxaranse nas residencias xuvenís Lug II de Lugo, e Florentino López Cuevillas de Ourense, onde participarán en actividades dirixidas a coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas, e percorrerán o Camiño de Santiago en varias etapas ata o destino final en Compostela. O segundo grupo de actividades, tamén de seis días de duración, desenvólvese baixo o paraugas do epígrafe “O mar de Galicia” no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña) onde realizarán actividades de náutica de lecer e de coñecemento do medio mariño.

 

Campos de traballo
A segunda modalidade son os campos de traballo, da que se benefician 20 mozas e mozos da diáspora, que durante a súa estadía conviven tamén con compañeiros e compañeiras residentes na Comunidade Autónoma. É unha modalidade concibida para participantes con idade comprendidas entre os 20 e 30 anos, na que desenvolven actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da cultura galega, da mellora ambiental da contorna, e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico.

 

Con carácter previo á realización da viaxe a Galicia, os mozos e mozas seleccionados, tanto nunha modalidade como na outra, asistiron a sesións informativas nos seus países de orixe, especificamente encamiñadas ao coñecemento da realidade galega en xeral e das actividades a desenvolver no programa en particular.

 

Tamén se lles informou das súas obrigas respecto do cumprimento do réxime interno das residencias ou albergues en que serán  aloxados. Precisamente, na súa viaxe a Arxentina e Uruguai da pasada semana, Rodríguez Miranda tivo ocasión de compartir con elas e eles unha desas xuntanzas preparatorias.

 

Países
Na edición deste ano 2015, un total de 89 participantes no programa proceden da Arxentina (81 para actividades ao aire libre, e 8 para campos de traballo), 43 do Uruguai (37 e 6), 22 de Venezuela (20 e 2), 10 de Brasil (8 e 2), 9 de Cuba (7 e 2), e 1 de Perú (beneficiario das actividades ao aire libre).

 

Campaña de Verán 
No seu conxunto, a Campaña de verán da Consellería de Traballo e Benestar ofertará este ano un total de 8.530 prazas, un 3,2 por cento máis que en 2014. As actividades, que se prolongarán ao longo do verán, favorecerán tamén a contratación de máis de 900 persoal monitor e director de campamentos, que son na súa maioría xente nova.

 

A Xunta inviste 2,4 millóns de euros en desenvolver esta campaña, que inclúe: campamentos para menores de entre 9 e 17 anos, oferta concertada, campos de traballo para maiores de idade, e actividades para maiores de 18 anos. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas