GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Foro da Inmigración rexeita o retorno voluntario e a repatriación das menores

(01/06/2009)

O Foro da Inmigración rexeita o retorno voluntario e a repatriación dos menores

Na propostas presentadas piden ao Goberno central "flexibilización" dos requisitos para renovar os permisos.


VÍCTOR RODRÍGUEZ - OURENSE A asemblea do Foro Galego da Inmigración, que se celebrou onte no salón de actos do colexio Salesianos, deixou patente o seu rexeitamento ao programa de retorno voluntario do goberno central, así como á repatriación de menores, posibilidade que se abre no actual anteproxecto de lei de estranxeiría.
E piden que se “flexibilicen os requisitos para a renovación das autorizacións”, sobre todo nas épocas de crise e de aumento do desemprego, debido aos problemas de non ter cotizado o suficiente no tempo de vixencia da autorización.
Outras propostas que presentaron os colectivos de inmigrantes que participaron na cuarta asemblea, concretáronse en reclamar o dereito ao voto do colectivo, que na provincia de Ourense supera as 12.000 persoas, das cales 4.600 están empadroadas na cidade, segundo os datos con que contan as asociacións de inmigrantes.
É por iso que unha das demandas que expuxeron é a “igualdade de acceso” aos programas de busca activa de emprego, como os cursos de formación, obradoiros de emprego e na renda activa de inserción, que poñen en marcha as diferentes administracións, e nos que veñen participando.
Controlar e perseguir a economía mergullada, foi outra das propostas que contaron co protexo da asemblea, despois de constatar que moitos empregadores “abusan dos traballadores inmigrantes”, especialmente dos que están en situación de irregularidade administrativa, ao non darlles de alta na seguridade social, polo que quedan a marxe dos máis elementais dereitos laborais.

Participación
O que deixaron patente os representantes dos colectivos de inmigrantes, foi o compromiso de asumir o “reto da participación cidadá do colectivo” como un “elemento máis” do que denominan “sociedade intercultural”.
E que leva consigo a aposta de toda a sociedade na loita contra “a discriminación, o racismo e a persecución policial das persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa”.
Ao tempo que manifestaron a vontade e o compromiso dunha integración social, así como de sumar esforzos para unha “contribución positiva para superar o máis axiña posible a situación de crise que se vive actualmente”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas