GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«Levar proxeccións ao rural é un dos nosos obxectivos»

(15/07/2015)

«Levar proxeccións ao rural é un dos nosos obxectivos»

 

Arrinca na rúa Colón «Curtaequipaxe»; dúas noites nas que se poderán ver curtos sobre o fenómeno da emigración

 

lalín / a voz, 15 de xullo de 2015.

 

 
 

Profundar nun tema recorrente; o da emigración, leva aos directivos do Cineclub Dzine de Lalín a dar vida a «Curtaequipaxe, curtas na rúa». Dúas sesións de proxeccións; a primeira este noite na rúa Colón a partir das 22.30 horas.

 

-¿Que lles levou a centrar os curtos na emigración?

-A emigración é un tema que sempre está presente. Estamos nun pobo emigrante que, á súa vez, recibe inmigración. Emigración e inmigración; un mesmo fenómeno e unha mesma fiestra. Ademais estamos nunha época na que a xente volve pasar uns días de vacacións á súa terra e todo iso foron os argumentos que nos levaron a expor como temática das curtametraxes a emigración.

 

-¿Que tipo de curtos van proxectar nas sesións desta noite e de mañá?

-Fixemos unha selección de curtametraxes de todo tipo. Temos pensado pasar algúns de animación, documentais, relatos mínimos e incluso algúns con estética de videoxogos. Son curtos en branco e negro e en cor. Títulos españois e tamén algúns de fóra e destacar tamén que son aptos para todos os públicos.

 

-Proxecto que aderezan con música e presentacións...

-A idea é ofrecerlle ao público que se achegue a esta oferta de «Curtaequipaxe» algo máis que unha simple proxección. Pretendemos que sexa un proceso reflexivo, que a xente poida intervir, opinar e falar. Contaremos coa participación de Celso Fernández, que será o encargado de presentar a iniciativa e de comentar o que considere sobre a emigración e despois de que se vexamos os curtos, remataremos con música que sempre achega un pouco máis de ambiente a unha actividade destas características.

 

 

-¿Proxecto como este terá continuidade en Dzine?

-Non cho podo dicir. O cineclub funciona en base ao esforzo dos socios e a cooperación das institucións polo que o desenvolver proxectos desta índole vai depender de varios factores. A capacidade de forza dos asociados que ten o cineclub á hora de propor e pór en marcha iniciativas deste tipo dependen, en boa medida, de todos eles. Certo é que nos gustaría levar proxeccións ao rural. É un dos nosos obxectivos pero dependerá de todo o que che comentei con anterioridade, da implicación dos lalinenses e dos dezáns.

 

 

-¿Dispoñen finalmente de local para a asociación?

-Non. É a batalla de sempre. Expómoslle ao novo alcalde a posibilidade de que nos cedan na nova biblioteca un sitio no salón para facer proxeccións pero mentres non estea finalizada a obra non temos nada.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas