GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O ministerio inspírase no modelo galego para asistir aos simpapeles

(30/07/2015)

O ministerio inspírase no modelo galego para asistir aos simpapeles

 

Haberá que rexistrarse para ter un documento que dará acceso á sanidade

 

 Redacción / La Voz, 30 de xullo de 2015.

 

 

 

O de onte non foi un Consello Interterritorial de Saúde ao uso dos últimos anos. As pasadas eleccións autonómicas debuxaron un novo panorama político e as autonomías que pasaron a mans dos socialistas fixeron valer as súas reivindicacións na reunión. A principal: derrogar o real decreto lei do 2012 que limitaba o acceso á sanidade pública a boa parte dos inmigrantes que se atopan en situación irregular. Foi unha proposta apoiada na rúa, coincidindo co encontro dos políticos, cunha mobilización ante a sede do ministerio convocada por distintas oenegués para esixir a mesma demanda. O asunto non estaba incluído na orde do día, pero ao final acabouse debatendo.

 

O Goberno optou por unha solución de consenso que intentará concretar en futuras reunións coas demais comunidades. Non se darán cartóns sanitarios aos simpapeles, tal e como acaban de facer os gobernos de Baleares e Comunidade Valenciana e antes fixo Andalucía, pero si se lles garantirá o seu acceso á sanidade pública. ¿Como? Mediante unha solicitude que terán que presentar nos centros de atención primaria, onde se lles dará un documento para poder acceder aos servizos sanitarios.

 

«Somos pioneiros»

É un modelo inspirado en parte no sucedido en Galicia, onde a Xunta mantén desde setembro do 2012 o Programa Galego de Protección Social de Saúde Pública, que permite aos inmigrantes irregulares que se inscriben nel, en coordinación coas oenegués que axudan a identificar aos potenciais beneficiarios desta prestación, recibir asistencia médica.

 

«Pódese dicir que fomos absolutamente pioneiros», destacou a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, quen advertiu que «non parece razoable que cada comunidade teña unha normativa propia». O ministerio tamén se fixou na lexislación galega para propor onte o real decreto de xestión clínica, de futura aplicación en todas as comunidades. «Esto reforza o que estamos a facer en Galicia», dixo Mosquera.

 

Sobre a atención aos simpapeles, o ministro de Sanidade, Alfonso Alonso, deixou claro que se descarta «dar o cartón sanitario», porque esta opción suporía abrir de novo a porta ao turismo sanitario, que custaba a España 1.000 millóns de euros ao ano: «Si dámoslla a todos -dixo? teriamos que darlla tamén aos 2,8 millóns de europeos que viven no noso país».

 

Para acceder ao futuro documento que abrirá aos inmigrantes en situación irregular a porta do sistema sanitario español, será necesario que estean empadroados en España polo menos durante un ano, ter o pasaporte en vigor e presentar a solicitude de asistencia nun centro de atención primaria. Logo quedará a criterio de cada médico derivar aos beneficiarios aos especialistas. Tamén terán unha redución do 60 % no custo dos medicamentos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas