GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rodríguez Miranda apadriña a 25ª promoción do Colexio Castelao de Caracas, e participa na reunión coa cámara solemne da Hermandad Gallega

(31/07/2015)

Rodríguez Miranda apadriña a 25ª promoción do Colexio Castelao de Caracas, e participa na reunión coa cámara solemne da Hermandad Gallega

 

 
O ‘Castelao’ é unhas das dúas institucións educativas en activo creadas por e para a diáspora.

 

O secretario xeral da Emigración renova con esta nova viaxe o compromiso de manter ligazón permanente e estable cos galegos e as galegas de Venezuela, que están a vivir, como o resto da cidadanía, momentos de dificultade.

 

Tamén se achegará a departir coa colectividade, e manter especificamente un encontro coa mocidade, de Puerto La Cruz.

 

Na imaxe de arquivo, o secretario xeral da Emigración na Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas durante o acto de entrega de 'compostelas' ás e os rapaces participantes no Conecta con Galicia 2014
Na imaxe de arquivo, o secretario xeral da Emigración na Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas durante o acto de entrega de 'compostelas' ás e os rapaces participantes no Conecta con Galicia 2014

 

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2015.

 

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, comeza hoxe unha nova viaxe a Venezuela, cumprindo así o seu compromiso de manter periódico contacto directo coas comunidades galegas residentes nesa República, nestes tempos en que –igual que o resto da cidadanía- as e os paisanos residentes alí están a atravesar momentos de dificultade económica.

 

Miranda achégase na tardiña de hoxe xoves –xa noite avanzada en Galicia- ata a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, unha das institucións máis importantes da diáspora, e un referente de intensa actividade social, económica e cultural na sociedade de acollida. A Hermandad, cuxa directiva renovouse recentemente, aglutina agora mesmo a preto de 10.000 familias galegas, e as súas instalacións son moi valoradas polo seu ambiente de seguridade no centro da ás veces convulsa capital venezolana.

 

Alí, concretamente no Teatro Rosalía de Castro, Miranda participa no acto de maior transcendencia de entre os que celebra a comunidade, a Reunión da Cámara Solemne polo Día de Galicia.

 

O venres
Na xornada do venres, o secretario xeral da Emigración apadriñará a vixésimo quinta promoción de alumnas e alumnos do Colexio Castelao, unha das dúas únicas institucións educativas creadas por e para a diáspora e que seguen en activo. O ‘Castelao’ é un referente en materia educativa, e unha pegada relevante que as e os emigrantes galegos chegados a Venezuela teñen deixado para as xeracións vindeiras.

 

Xa pola tarde, Rodríguez Miranda desprazarase ata Puerto La Cruz, para visitar ás e aos socios, e as instalacións, do Centro Galego desta localidade, e reunirse despois coa súa directiva, nesta nova xeira para coñecer a actualidade e realidade da vida cotiá da comunidade galega en diversos puntos do país.

 

Arestora, e segundo os datos a 1 de xaneiro de 2015 do Instituto Nacional de Estatística (INE), residen en Venezuela 46.882 galegas e galegos, dos que dous tercios (o 64’6 %) naceron xa na diáspora, pero que manteñen moi vivas as ligazóns coa terras dos seus pais e nais ou avós e avoas, conformando a Venezuela como un dos países nos que máis forte prendeu a semente da Galeguidade.

 

O sábado
A viaxe de Rodríguez Miranda continúa o sábado, precisamente, cun encontro con mozas e mozos do Centro Galego de Puerto La Cruz, no que departirá con elas e eles para explicar en profundidade, e incitalos a participar aínda máis activamente, nos programas postos en marcha pola Secretaría Xeral da Emigración, e sobre todo para coñecer as inquedanzas e expectativas da xeración nova de galegas e galegos en Venezuela.

 

Finalmente, Miranda concluirá esta nova andaina achegándose a coñecer ás e aos socios, e as instalacións, dunha entidade senlleira na localidade costeira de Carballeda, preto de Maiquetía. O Club Tanaguarena, do que a maior parte dos socios e socias son galegos, é un referente pola súa actividade social, e –o mesmo que a Hermandad Gallega- por ofrecer na súa contorna un ambiente de estabilidade e tranquilidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas