GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Entidades reivindican o voto para 18 millóns de inmigrantes

(05/06/2009)

Entidades reivindican o voto para 18 millóns de inmigrantes
Madrid, 5 de xuño. A entidade SOS Racismo criticou as políticas europeas para a inmigración, no que salienta que o próximo 7 de xuño se lles negará o dereito a voto a 18.500.000 persoas, algo que na súa opinión "establece categorías de cidadáns en función da súa orixe".

Tamén desde Pamplona, a Plataforma Papeis e Dereitos Denontzat reivindicou este dereito para os inmigrantes (uns 70.000 en Navarra, segundo datos de 2005) que viven na UE "e aos que si se lles  recoñéce como man de obra pero se lles negal a súa condición de cidadáns".

SOS Racismo insiste en lembrar o "racismo institucional" dalgunhas das medidas impulsadas pola UE, como a chamada 'Directiva da Vergonza', a directiva europea de retorno das persoas estranxeiras. Outras das medidas criticadas son a lei italiana que considera a inmigración ilegal un delito, e o caso de Suecia, que retira a protección sanitaria aos inmigrantes en situación irregular.

Estes anos "asistimos á instauración dun modelo político excluínte que recorta cada vez mais os dereitos das persoas inmigrantes a partir da construción dunha escala de categorías en función da súa situación administrativa, e que, no mellor dos casos, recoñece á poboación inmigrante como man de obra pero négalle a súa condición de cidadán", explicou Javier Urroz, de Denontzat.

Urroz recalcou que desde a plataforma queren que esta cita electoral "sirva para denunciar estas políticas da UE, así como para reivindicar a consideración de cidadanía absoluta para todas as persoas que decidiron vivir connosco".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas