GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

ONU critica medidas de gobernos como castigar a quen axude a "sen papeis"

(05/06/2009)

ONU critica medidas de gobernos como castigar a quen axude a "sen papeis"
EFE , Xenebra | 04/06/2009 -

A alta comisionada da ONU para os dereitos Humanos, Navi Pillay, criticou hoxe as medidas adoptadas por algúns gobernos contra emigrantes sen papeis, porque erosionan os dereitos humanos destas persoas e o seu benestar.

Entre as medidas, citou "a imposición de multas a persoas que aluguen súas casas a emigrantes irregulares, a imposición a profesionais sanitarios do deber de informar sobre sen papeis, e a criminalización de ofrecer axuda a estes irregulares".

"E a interceptación e repatriación colectiva de emigrantes no mar sen as debidas garantías poden danar gravemente os seus dereitos", agregou.

Tamén denunciou o que se recorra "cada vez máis á detención administrativa de emigrantes sen as debidas garantías, o que resulta en que se ven expostos a detencións arbitrarias prolongadas e a réximes punitivos".

Pillay, que falaba hoxe diante do Consello de Dereitos Humanos, dixo que a protección dos dereitos dos emigrantes e promover un enfoque baseado nos dereitos humanos será unha das prioridades da súa xestión no 2010 e 2011.

"Deíxenme subliñar que o respecto a eses dereitos non é só unha obriga do Estado. Tamén é crítico para garantir que a emigración é unha oportunidade... Os dereitos humanos dos emigrantes deben ser protexidos nos países de orixe, de tránsito e de destino".

Pillay sinalou que vai seguir abordando o asunto da emigración en todas as súas misións e viaxes, "especialmente cos meus interlocutores en Europa, Norteamérica e outros países anfitrións".

Tamén advertiu de que "a actual crise económica ten o potencial de exacerbar ou acender a discriminación e a xenofobia".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas