GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración compromete o seu apoio ao premio literario "Rosalía de Castro", da colonia en Córdoba

(14/08/2015)

Emigración compromete o seu apoio ao premio literario "Rosalía de Castro", da colonia en Córdoba




Reunión de Rodríguez Miranda con Maribel García Cañeria, de la Casa de Galicia en Córdoba.

Reunión de Rodríguez Miranda con Maribel García Cañeria, da Casa de Galicia en Córdoba.



I.B. 14/08/2015


Emigración compromete o seu apoio á continuidade do premio literario "Rosalía de Castro", unhas das actividades con maior proxección da Casa de Galicia de Córdoba

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho en Santiago a Maribel García Cañería, membro da directiva da Casa de Galicia de Córdoba, quen expuxo a actividade desenvolvida pola súa entidade nos últimos meses, nos que o propio Miranda tivo ocasión de achegarse a coñecer o sentimento de "galeguidade" entre os galegos residentes na cidade.

"Córdoba é un exemplo singular de mantemento dos lazos entre as segundas xeracións e a terra dos seus pais", en palabras do secretario xeral, quen comprometeu o apoio do seu departamento para a continuidade do premio literario "Rosalía de Castro", que organiza o Centro Galego de Córdoba, e que conseguiu unha importante fama dentro e fóra da cidade.

Con case 30 anos de historia, a Casa de Galicia en Córdoba mantén unha frutífera colaboración coas administracións locais para a realización de actividades culturais. É un dos centros máis activos neste campo, xa que, ademais das constantes e permanentes actividades, convoca diversos premios que adquiriron un gran prestixio na sociedade andaluza.

No ano 1991, o Centro adquiriu un inmoble nunha das máis emblemáticas zonas históricas de Córdoba, no que seguen sendo unha entidade social referente para toda a comunidade galega da provincia. Ademais, no baixo conta cun restaurante que conseguiu nome na provincia pola súa calidade, e que liga innovación gastronómica coa tradición secular da cociña galega.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas