GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Estudan a emigración de teenses e vedreses

(08/06/2009)

Estudan a emigración de teenses e vedreses
08.06.2009 Rocío Botana esmiúza o éxodo de veciños de ambos municipios a América no século XVIII
E.P. • SANTIAGO
A experta Rocío Botana Iglesias ofreceu onte unha conferencia en Vedra na que facilitou datos sobre o estudo do fenómeno da emigración desde este municipio e desde Teo, localidade próxima, a países de América desde finais do século XVIII.

O relatorio se inscribe dentro da programación de actos que desde o consistorio de Vedra promóvense con motivo da celebración no próximo 2010 do centenario das sociedades de emigrantes de Vedra existentes en Bos Aires.

A instrución pública e a mellora das infraestruturas foron dous dos obxectivos nos que máis esforzos e diñeiro se investiron desde América e dos que Vedra conserva mostras importantes, froito do traballo dos emigrantes e da súa xenerosidade cos seus veciños. Xa que logo, entre outros obxectivos, o fin é dar a coñecer á sociedade os avances acometidos grazas ás achegas chegadas da emigración. No acto aproveitouse a presenza de Dora Pegito, presidenta da Sociedade Parroquial de Vedra en Bos Aires, quen se atopa en Galicia estes días e tivo a oportunidade de achegar unha visión actual do asociacionismo migratorio na Arxentina, desde o punto de vista da súa experiencia persoal.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas