GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración xuvenil custará a Galicia en dez anos máis de 5.400 millóns de euros

(09/09/2015)

A emigración xuvenil custará a Galicia en dez anos máis de 5.400 millóns de euros

 

O Consello da Mocidade alerta que máis de 15.000 menores de 30 anos marcháronse coa crise

 

09.09.2015 |

 

O custo da emigración xuvenil en Galicia superará os 5.400 millóns nun prazo de dez anos, segundo o informe presentado onte en Santiago polo Consello da Mocidade de España para reclamar maior apoio para este colectivo.

 

Anxo Gudiña, membro da Comisión Permanente do CJE, fixo especial fincapé en que esta perda de investimento que sufrirá a comunidade "supera, por moito, o orzamento galego en sanidade" durante un ano. Para Gudiña o escenario é especialmente preocupante no caso galego posto que a situación "non ten visos de cambiar", xa que na actualidade só dúas de cada dez novos menores de 30 anos están emancipados, mentres que a taxa de desemprego neste colectivo rolda o 50%. Segundo este informe, desde o inicio da crise económica son xa máis de 15.000 mozos os que emigraron en busca de oportunidades laborais. Ademais, debido á baixa taxa de natalidade que presenta Galicia, e sumado isto ao seu alto nivel de poboación envellecida, o panorama resultante fai que o sistema sexa "totalmente insustentable a longo prazo".

 

Por outra banda, o Instituto de Política Familiar advertía onte de que Asturias, Canarias e Galicia son as comunidades autónomas onde o índice de fecundidade é menor (0,99, 1,04 e 1,07 fillos por muller respectivamente), nun país, España, que é xunto con Portugal o territorio da UE onde o "inverno demográfico" é máis acentuado.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas