GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de dous millóns de galegos emigraron a América e Europa

(12/06/2009)

Máis de dous millóns de galegos emigraron a América e Europa

Data de publicación:
11/6/2009

Na pasada década dos anos cincuenta inaugurouse en Galicia unha etapa na que se intensificaron os movementos migratorios, con consecuencias negativas na evolución da poboación, tanto pola saída de persoas en idades decisivas como polos efectos que este éxodo tiña: os emigrantes non tiñan aos seus fillos en Galicia e, por iso, na comunidade envellecían as persoas que quedaban e diminuía tamén a taxa de fecundidade.

O destino elixido naquel momento foi América. Xa o foi antes. De feito, como reflexa o estudo de Ana Cabana, a emigración galega a este continente superou o medio millón de persoas entre 1880 e 1930 (respecto dun censo total de 2 millóns de habitantes), e desde 1835 a finais do século XX rexistráronse en Galicia 1.700.000 saídas, na súa maioría protagonizadas por homes e novo .

Despois chegou a segunda onda. A emigración a Europa, incipiente nos anos cincuenta, consolidouse no período entre 1960 e 1975. Suíza, Alemaña, Francia, Holanda e o Reino Unido atraeron entón a medio millón de galegos, aos que a industrialización tardía obrigou a saír a traballar no estranxeiro.

«A emigración é complexa e diversa -afirma o historiador Ramón Villares-, e ten a súa cara adversa, dura e dolorosa, pero estruturalmente é tamén un elemento fundamental de transformación das sociedades contemporáneas. Sen movementos da poboación non sería posible o desenvolvemento económico».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas