GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia Emigración organiza en Uruguay e a Arxentina os cursos do ‘Proxecto Tic'

(12/06/2009)

Galicia Emigración organiza en Uruguay e a Arxentina os cursos do ‘Proxecto Tic'
A.E. - SANTIAGO - 12-06-2009 As altas probabilidades de emprego no sector das novas tecnoloxías da información levou á Fundación Galicia Emigración ha organizar en Bos Aires e Montevideo o ‘II Proxecto TIC' destinado a formar nesta materia a medio centenar de mozos descendentes de emigrantes.

A Fundación Galicia Emigración abriu a pasada semana o prazo de preinscrición para o ‘II Proxecto TIC' de selección, capacitación profesional e prácticas laborais no campo das tecnoloxías da información e da comunicación, que este organismo desenvolverá durante os meses de xullo e agosto nas cidades de Bos Aires e Montevideo, duas capitais que contan cunha ampla colonia de emigrantes galegos.

Esta actividade está financiada polo Ministerio de Traballo e Inmigración a través da dirección Xeral da Cidadanía Española no Exterior, e conta na fase práctica coa colaboración do INEO.Respondendo ás dificultades de integración laboral que sofren moitos emigrantes retornados, a Fundación Galicia Emi-gración aposta, un ano máis, polo desenvolvemento no exterior de accións formativas de especialización profesional en Tecnoloxías da información e da comunicación (TICS), orientadas a favorecer a inserción laboral dos mozos descendentes de emigrantes xa que o sector conta con grandes posibilidades de emprego, debido ao cal o programa aspira a que un alto porcentaxe dos 50 alumnos que recibirán formación, logren inserirse laboralmente.

Os cursos, que se desenvolverán de maneira simultánea en Montevideo e Bos Aires, capacitará aos participantes para desenvolver as profesións de Consultor analista, Consultor Programador ou Consultor comercial, combinadas coa realización de prácticas laborais en empresas pertencentes á asociación INEO, radicadas en España.

Sabendo da importancia da experiencia laboral á hora de inserirse no mercado de tra-ballo, a Fundación Galicia Emigración custeará a viaxe, aloxamento e mantemento de, polo menos, a metade das per-sonas que realicen a formación para solventar así unha das dificultades máis importantes coas que se atopan os emigrantes galegos que deciden retornar, que é a de obter experiencia nunha empresa do país de acollida.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas