GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O G-8 expón abaratar á metade o envío de remesas dos inmigrantes

(15/06/2009)

O G-8 expón abaratar á metade o envío de remesas dos inmigrantes
A decisión podería supoñer 'entre 12.000 e 15.000 millóns de dólares máis ao ano' para os Estados emisores de inmigración
EFE - Roma - 12/06/2009

O ministro de Exteriores italiano e presidente do G-8 de Desenvolvemento, Franco Frattini, propuxo hoxe reducir á metade as comisións que se aplican ás remesas que os inmigrantes envían aos seus países de orixe, como "unha maneira innovadora de financiamento" para as nacións en desenvolvemento.

O encontro do G-8, que concluíu hoxe en Roma e que reuniu aos Estados máis ricos e aos membros do G-5 (Brasil, México, China, India e Suráfrica), ademais dunha ampla representación africana, pechouse cun chamamento a que "os países emerxentes e en desenvolvemento" teñan un papel importante nos esforzos globais para estimular o desenvolvemento económico.

Entre as medidas que propuxo o G-8, Frattini salientou abaratar o envío de diñeiro dos inmigrantes aos seus países, unha decisión que podería supoñer "entre 12.000 e 15.000 millóns de dólares máis ao ano" para os Estados emisores de inmigración. Entre as conclusións da reunión, o G-8 recomendou aos países en vías de desenvolvemento que invistan en "tecnoloxías verdes", co que se loitará contra "os efectos máis graves do quecemento global".

O G-8 tamén pediu "novos métodos de cooperación" para cambiar "os mecanismos financeiros" e impedir que as axudas que se envían a nacións en vías de desenvolvemento queden bloqueadas por impedimentos administativos ou burocráticos. Frattini tivo que facer fronte ás preguntas dos xornalistas sobre a denuncia formulada onte pola ONG británica One, que acusou a Francia e Italia de ser responsables da redución global da axuda ao desenvolvemento.

O ministro de Exteriores italiano asegurou que Roma mantén os seus compromisos e que atopará "os recursos necesarios" para contribuír á axuda de Africa. As cuestións que afectan a este continente foron un dos principais asuntos tratados no cume, que tivo lugar na sede do Ministerio de Asuntos Exteriores de Italia, actual presidente de vez do G-8 (grupo integrado por Estados Unidos, Reino Unido, Xapón, Francia, Alemaña, Italia, Canadá e Rusia).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas