GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Todo O Salnés recibe máis novos veciños dos que se van, salvo Cambados e A Illa

(03/09/2018)

Todo O Salnés recibe máis novos veciños dos que se van, salvo Cambados e A Illa

Por segundo ano consecutivo a comarca rexistra un saldo migratorio positivo tras tres en negativo - En Vilagarcía crece pola chegada de residentes doutras comunidades e países

 
 

02.09.2018 | Faro de Vigo

 

A céntrica rúa de Rei Daviña, en Vilagarcía. // Noé Parga

 

 

 

O padrón da comarca do Salnés non adelgaza polas emigracións. E é que por segundo ano consecutivo a comarca rexistrou un saldo migratorio positivo, é dicir, que se instalan nela máis novos veciños dos salinienses que fan as maletas para vivir noutras zonas. En resumidas contas, que chegan máis persoas das que se van, unha tendencia que axuda ao crecemento dos censos municipais. As únicas excepcións son A Illa e Cambados, localidades que protagonizaron máis emigracións que inmigracións, con resultados negativos de -7 e -32 respectivamente, segundo os datos que acaba de publicar o Instituto Galego de Estatística (IGE) relativos ao último exercicio pechado, 2017.

 

No caso da vila cambadesa, esta tendencia negativa xa se remonta a anos atrás, concretamente a 2012 (-1), 2013 (-210) e 2016 (-39). Na Illa a situación é similar, con máis saídas que chegadas en 2008, 2011, 2014 e 2015. En 2016, con todo, o número de novos residentes foi maior que o de veciños que abandonaron a súa residencia no paraíso insular para mudarse a outros concellos.

 

Salvo Cambados e A Illa, todos os demais concellos do Salnés experimentaron o ano pasado máis inmigracións que emigracións. Na capital e localidade máis poboada da comarca, Vilagarcía, con máis de 37.000 habitantes, o saldo migratorio ascende a +69. Así, empadroáronse na cidade 1.281 persoas e marcháronse dela 1.212.

 

En relación ás inmigracións, destaca o incremento das externas nun centenar de persoas, é dicir, as procedentes doutras comunidades autónomas (284 fronte a 239 en 2016) e doutros países (292 fronte a 240 o exercicio anterior).

 

Con respecto á inmigración interna (movementos dentro de Galicia ), descendeu de 745 a 705.

 

En Vilanova os datos de novos residentes son rechamantes, pois trasladaron o seu domicilio ao municipio de Valle Inclán 410 persoas, 70 máis que en 2016. Porcentualmente é o maior incremento de inmigracións de toda a comarca.

 

Se temos en conta os movementos migratorios do conxunto do Salnés, os datos que achega o IGE son os seguintes: 3.344 inmigracións, case un centenar máis que o ano anterior, fronte ás 3.197 emigracións, tamén máis que o exercicio anterior. Aínda que o saldo migratorio é positivo (+147), é inferior ao de 2016, cando se situaba en +189.

 

Do mesmo xeito que ocorre co caso de Vilagarcía, no cómputo da comarca as inmigracións que aumentaron son as externas, ou o que é o mesmo, as doutras comunidades autónomas e as do estranxeiro. Neste sentido, mudáronse ao Salnés o ano pasado 1.254 persoas procedentes doutras rexións de España (642) e doutros países (612).

 

397 arousáns ao estranxeiro

 

É unha cifra superior á de salinienses que tiveron que facer as maletas en busca dun futuro mellor fose de Galicia. Segundo o balance do Instituto Galego de Estatística, abandonaron a comarca 397 habitantes que se trasladaron ao estranxeiro e 702 a outras comunidades autónomas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas