GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo defende perante Zapatero un novo sistema de voto para a emigración

(16/06/2009)

Feijóo defende perante Zapatero un novo sistema de voto para a emigración
EFE , Madrid | 15/06/2009 -
O titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, defendeu hoxe perante José Luis Rodríguez Zapatero a posibilidade de pactar no ano 2010 un novo sistema de voto para a emigración que estea operativo xa nas próximas convocatorias electorais.

Núñez Feijóo fixo esta proposta a Zapatero na reunión de máis de dúas horas de duración que mantivo co presidente do Goberno no Palacio da Moncloa, na que abordaron numerosos asuntos de interese para Galicia, entre eles o financiamento autonómico.

O xefe do Executivo galego trasladou a Zapatero que o actual sistema de voto é un "anacronismo democrático" e insistiulle en que o presidente da Xunta non pode depender do funcionamento das arcas de correos que "non son homologables ao sistema español".

Neste sentido, lle expuxo que se aproveite o ano 2010 para pactar un novo sistema de voto na emigración para que nas eleccións municipais de 2011 e posteriormente nas xerais e autonómicas galegas de 2012 estea funcionando.

Segundo Feijóo, o presidente díxolle que ten "interese" en buscar unha fórmula e un acordo para que os próximos comicios que se celebren en España se corrixa este "anacronismo democrático" que afecta a todo o país, en especial a Galicia.

Neste contexto lembrou que o 15 por cento do censo electoral de Galicia non vota coas mesmas garantías que o 85 por cento restante.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas