GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Benestar Social organiza un "Obradoiro para a cidadanía" dirixido a marroquís

(16/06/2009)

Benestar Social organiza un "Obradoiro para a cidadanía" dirixido a marroquís

Impartiranse coñecementos da sociedade de acollida, dereitos e deberes

VOTE ESTA NOTICIA


REDACCIÓN - PONTEVEDRA A Concellería de Benestar Social pon en marcha un "Obradoiro para a cidadanía" dirixido a inmigrantes de orixe marroquino, maiores de 16 anos e en proceso de incorporación á sociedade. O curso, a celebrar entre o 13 e o 31 de xullo, é produto da colaboración da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Emigración e Inmigración do Ministerio de Traballo.
O prazo de inscrición quedou aberto onte, polo que se recomenda aos interesados que acudan o antes posible a formalizalo. O curso ten unha duración de 20 horas e o horario é de tres sesións semanais, de dúas horas cada unha, os luns, mércores e venres. O lugar de celebración é o Pazo de Cultura de Pontevedra.
Os contidos do curso son: Coñecemento da sociedade de acollida, acceso aos dereitos, cumprimento dos deberes, así como recursos e servizos aos que se poden dirixir en función da atención que se precise, emprego, vivenda, educación, sanidade, etcétera, buscando desta maneira facilitar a incorporación do colectivo inmigrante á sociedade de acollida. Os materiais a utilizar son elaborados por técnicas municipais especializadas e será impartido por un mediador intercultural árabe.
A inscrición formalízase na Oficina Técnica de Servizos Sociais - Equipo de Atención a Migracións (na rúa Xofre de Tenorio, 1 Chalé Fontoira). Tamén se pode chamar ao ao teléfono 986 090 891, ou 986 850 398.
Tamén se pode entregar a folla de inscrición a través da Asociación Marroquino de Pontevedra, ao fax: 886 213 421, ou por correo electrónico a migracions@concellopontevedra.es.
Para a selección darase prioridade ás solicitudes en función da data de entrega da solicitude de inscrición.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas