GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Manuel Losa narra en 'Catro historias de emigrantes' o desenvolvemento da comunidade galega na diáspora

(17/06/2009)

Manuel Losa narra en 'Catro historias de emigrantes' o desenvolvemento da comunidade galega na diáspora
Europa Press - SANTIAGO - 16-06-2009 O escritor Manuel Losa presentou hoxe en Santiago o seu último libro 'Catro historias de emigrantes', no que narra o desenvolvemento da comunidade galega na diáspora, algo sobre o que, recoñeceu, 'hai moito descoñecemento' en Galicia. Segundo indicou Manuel Losa, a idea do libro xurdiu de 'maneira fortuíta' no 2004 tras unha entrevista radiofónica na que se decatou de que en Galicia 'hai moito descoñecemento' sobre a emigración.


Manuel Losa.A raíz disto, Lousa comezou a conseguir información e entrevistas sobre diferentes historias na diáspora, nun proceso que lle levou máis dun ano e que asociou a 'inquietude' que 'sempre tivo' de 'querer contar a vida dos emigrantes'.

Como consecuencia, Manuel Losa escribiu 'Catro historias de emigrantes', que narran a vida de catro emigrantes diferentes á Arxentina e Uruguay baixo o criterio de 'que fosen variadas' na súa evolución.

Sobre esta base, Manuel Losa conta a experiencia de Antón Crestar Faraldo e Xosé Lage Sierra, 'Pepe Montoya', moi ligados aos centros culturais na diáspora e á política; e de Eduardo Martínez Filgueira e Isidoro Manuel García García, que ofrecen a visión da emigración laboral.

DIFERENTES EPOCAS

Duas das historias que este santiagués residente en Uruguay conta no seu libro --a de Isidoro García e a de Eduardo Martínez--, desenvólvense na década dos 50, mentres que as duas restantes son de épocas anteriores e están vinculadas aos movementos galeguistas e republicanos.

Neste sentido, Manuel Losa asegurou que aínda que as historias son diferentes, 'teñen en común a vida sacrificada' e que 'todos levan a Galicia no corazón e na mente'. Todas as historias que se narran no libro pertencen a galegos que levaban 'entre 30 e 70 anos sen volver a Galicia' pero nos que 'o sentimento da terra nunca desapareceu'.

'Catro Historias de Emigrantes', editado por Galaxia na colección 'Memoria', será presentado esta tarde nun acto público ás 20.00 horas na librería compostelá Couceiro, nun acto no que ademais do escritor estará presente o director de Galaxia, Víctor Freixanes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas