GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia, capital dos países celtas no festival de Lorient

(18/06/2009)

Galicia, capital dos países celtas no festival de Lorient
A organización espera que unhas 700.000 persoas se trasladen a Bretaña

Autor:
Tamara Montero
Data de publicación:
17/6/2009 
Este agosto, a capital da tradición celta será Galicia. E é que a edición número 39 do Festival Intercéltico de Lorient decidiu que a comunidade galega sexa declarada país de honor na cita máis importante do mundo folk.
Así, entre o 31 de xullo e o 10 de agosto, unha gran carpa situada ao lado do Palacio de Congresos de Lorient mostrará ao mundo as raíces, a cultura e as oportunidades turísticas e gastronómicas que ofrece Galicia. E non só iso. Unha nutrida expedición de mestres do folk galego desprazaranse durante 10 días á Bretaña francesa para actuar nun festival ao que acoden cada ano unhas 700.000 persoas, ademais das «100.000 ou 120.000 que teñen entrada de pago», explicou onte Lisardo Lombardía, director xeral do festival. Berrogüetto, Son de Seu, Fía na Roca, Carlos Núñez, Susana Seivane, Bonovo e Bellón Maceiras serán os pratos fortes da representación galega en Lorient. Pero non só eles. Ata alí trasladaranse tamén bandas de gaitas como Airiños de Fene ou Moxenas Musical Galego.
E acompañándoos, numerosos galegos que non se perden nin unha soa edición dun festival que desde fai dúas décadas elixe un dos países de tradición celta (Bretaña, Escocia, Irlanda, Gales, a Illa de Man, Asturias, Galicia e Cornualles) para ostentar a presidencia de honor do festival. Lisardo Lombardía asegurou que hai unhas 300 persoas que, con independencia do país convidado, acoden á Bretaña francesa todos os anos, «e supoño que este ano esta cifra experimentará un incremento», vaticinó. Tamén a gaita galega terá unha presenza especial no xa tradicional trofeo Mac Crimmon para os especialistas en inchar o fol.
Castelao en Bretaña
Ademais, os organizadores decidiron lembrar a especial unión entre Castelao e Bretaña. E é que o gran teórico do nacionalismo galego escribiu seu As cruces de pedra na Bretaña precisamente nesta rexión. Por iso, o artista bretón Alain Pennec presentará Castelao, ida e volta desde Galicia a Bretaña, unha videocreación realizada cos fondos da Cinemateca bretona e arquivos galegos.
E moito máis. Durante dez días e dez noites, os asistentes poderán participar en conferencias, talleres de bordado, música tradicional e danzas dos países celtas, xogos tradicionais ou clases de idiomas, entre outras moitas actividades.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas