GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Goberno destinará 60 millóns euros ao Fondo de Integración de Inmigrantes

(22/06/2009)

Goberno destinará 60 millóns euros ao Fondo de Integración de Inmigrantes
EFE , Madrid | 19/06/2009 -

O Consello de Ministros aprobou hoxe a distribución dun total de 59.949.120 euros para o Fondo de Apoio á Acollida e Integración de Inmigrantes e o Reforzo Educativo, dos que 949.120 euros destinaranse á atención dos menores estranxeiros non acompañados.

O pasado 30 de abril, o Consello de Ministros xa acordara esta restitución de 59 millóns de euros, que diminuiran do crédito inicial de douscentos millóns de euros do orzamento de gasto do Ministerio de Traballo e Inmigración contemplado na Lei dos orzamentos Xerais do Estado para o ano 2009.

Dita diminución de 59 millóns de euros foi consecuencia da redución do orzamento de gasto do Ministerio de Traballo e Inmigración de 2009 por acordo do Consello de Ministros do pasado 13 de febreiro.

O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, a través da Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración, distribuirá este Fondo de Apoio entre Comunidades Autónomas e concellos, para que poidan levar a cabo proxectos sociais relacionados coa integración e o reforzo educativo dos inmigrantes.

Dos case sesenta millóns de euros aprobados hoxe, 32,9 millóns de euros destinaranse á partida de Acollida e Integración e 26,97 millóns de euros a Reforzo Educativo.

O Fondo de Apoio á Acollida e Integración de Inmigrantes e o Reforzo Educativo foi creado polo Goberno no 2005 co obxectivo de se converter nun instrumento eficaz para establecer un modelo de cooperación entre as distintas administracións públicas.

Os recursos do Fondo permiten desenvolver actuacións que benefician tanto a persoas inmigrantes como autóctonas, segundo principios de igualdade de trato e non discriminación, promovendo o acceso da poboación inmigrante aos servizos públicos de carácter xeral, apoiando a acollida e reforzo educativo e a educación cívica.

Por Comunidades Autónomas, o reparto do Fondo de Apoio á Acollida e a Integración de Inmigrantes e o reforzo educativo 2009 queda repartido da seguinte forma:


COMUNIDADES AUTÓNOMAS TOTAL EN EUROS

Andalucía 6.807.429

Aragón 2.095.681

Asturias 531.660

Baleares 1.805.727

Canarias 2.940.324

Cantabria 524.476

Castela-A Mancha 2.730.294

Castela e León 1.999.995

Cataluña 13.170.880

Comunidade Valenciana 6.984.160

Extremadura 602.844

Galicia 953.876

Madrid 12.517.498

Murcia 3.800.844

Navarra 475.562

País Vasco 668.030

A Rioxa 706.622

Ceuta 310.000

Melilla 323.218

EFE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas