GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración comprométese a manter o Centro Galego de Bos AiresXornal.com

(22/06/2009)

Emigración comprométese a manter o Centro Galego de Bos AiresXornal.comActualizado 20/06/2009


O secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, comprometeuse onte a “colaborar” para “conservar” a que cualificou como “probablemente, a maior institución de galegos no exterior”, o Centro Galego de Bos Aires.

Na súa primeira visita institucional ao país austral trala súa toma de posesión, lembrou que neste centro desempeñou o cargo de delegado da Fundación Galicia Saúde entre 1995 e 1996 e animou aos membros da institución a “traballar con seriedade e esforzo” para, “entre todos, conseguir recuperar todo o esplendor de épocas pasadas”.

“É un centro que levo moi dentro, no que aprendín a ser un pouco máis galego e a sentilo con orgullo”, remarcou Camba, ao tempo que reiterou o “compromiso” da Administración con esta institución “a pesar do contexto de contención do gasto”.

Pola súa banda, o presidente do Centro Galego de Bos Aires, Julio Martínez, deu a benvida a Camba e celebrou o seu nomeamento como “unha posibilidade de continuar profundando nos vínculos de relación entre a Arxentina e Galicia”.

Posteriormente, o titular da carteira de Emigración visitou as instalacións, mantivo un encontro cos membros da Xunta Directiva do Centro Galego e asinou no seu Libro de Honor.

Nos seus tres días de viaxe oficial á Arxentina e Uruguay, desprazarase á Delegación da Xunta, ao Centro Galicia de Bos Aires, á sede da Unión de Asociacións Galegas da Arxentina, ao Hogar Galego para maiores de Domselaar (Bos Aires), ao Centro Galego de Montevideo e á Casa de Galicia da capital uruguaia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas