GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ciberactivistas contra o racismo

(26/11/2018)

Ciberactivistas contra o racismo


    A Obra Social 'A Caixa', financia a Ecos do Sur na súa loita contra a xenofobia nas redes







La Voz de Galicia
marta outeiro
redacción / a voz 23/11/2018



En Ecos do Sur viven moi de preto a discriminación que sofren os inmigrantes. Co financiamento da Obra Social ‘A Caixa’ puxeron en macha o proxecto Ciberespect 2.0, como continuación dunha primeira fase que comezou no 2016. Segundo explica Natalia Monje, esta iniciativa responde a unha rotunda realidade: «comprobamos que o discurso discriminatorio nas redes sociais, que hai uns anos era algo residual, está a xeneralizarse». Por iso, a súa idea é xerar un grupo motor de ciberactivistas que poñan en marcha un plan de acción a un medio prazo para conter e loitar contra o discurso racista nas redes sociais. Iso nun momento no que algúns partidos políticos mesmo apelan ao medo con argumentos racistas para conseguir cotas de poder. «A maioría de nós -explica- vivimos como en burbullas informativas. Seguimos aos medios e persoas afíns e non nos decatamos moito do que pasa realmente fóra». Despois de observar a conciencia o discurso do odio nas redes durante todo o 2017, Ecos do Sur constatou que «o 70 % dos comentarios que os lectores facían ás noticias sobre inmigración tiñan algún tipo de contido discriminatorio, e algúns deles eran parte dun discurso de odio que podía chegar a ser punible. O 20 % eran neutros e un 10 % alternativos, é dicir, que interpretan o fenómeno da inmigración en clave de dereitos humanos».

Este proxecto, segundo a representante da oenegué, realizarase con cinco tipos de actividades diferentes: o seguimento do discurso do odio e as fake news nas redes, unha escola popular para capacitar a mozas e adultos nestas temáticas, a creación de materiais innovadores, a creación da rede de ciberactivistas, e as campañas de sensibilización na Rede.

«Queremos -afirma Natalia Monje- animar ás persoas tolerantes para que interveñan nas redes sociais e axúdennos a difundir outra mensaxe. Internet é unha ferramenta marabillosa, pero tamén amplifica as mensaxes radicais, radicaliza ás persoas grazas ao anonimato e impacta nun número enorme de persoas de todas as idades». e as posibilidades de interacción teñen ese lado escuro tamén.

Un dos feitos que máis lles sorprendeu é a gran acollida da súa escola popular. «Cando a puxemos en marcha empezamos a recibir peticións dunha chea de sitios para que fixésemos talleres: de centros educativos, institutos, universidades, concellos, asociacións.... Porque realmente hai demanda de información deste tipo, e nós queremos aproveitar para lembrar que todo o que estea interesado pode achegarse e informarémoslle».


O obxectivo, é, pois, capacitar «ao que chamamos o sector tolerante, que somos todas as persoas que defendemos unha visión non discriminatoria da sociedade, que non intervimos normalmente no debate porque quizais pensamos que non serve para nada e non sabemos moi ben como facelo, ou por medo ao illamento».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas