GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia recibe tres veces menos inmigrantes que fai un ano pola crise

(22/06/2009)

Galicia recibe tres veces menos inmigrantes que fai un ano pola crise

Aínda que o fluxo de estranxeiros pasou de máis de 4.000 no primeiro trimestre de 2008 a só 1.600 este ano, a comunidade é unha das que rexistra un descenso menor no colectivo




JULIO PÉREZ - VIGO Co furacán que azota a economía, coa restra de datos negativos que ilustran os balances de sectores tan importantes como o inmobiliario ou o automovilístico e en xeral todo o que teña que ver co consumo, cos incrementos constantes do número de parados... O mercado laboral xa non é o que era fai un ano e a imaxe que os inmigrantes tiñan de España como meta para mellorar a súa situación persoal tampouco. Por iso a entrada de estranxeiros na maioría de rexións non só ten o freo posto desde os primeiros síntomas da crise. É que en moitos casos hai xa menos certificados e tarxetas de residencia que a finais de 2008. Non en Galicia, onde o colectivo aumentou un 1,7% no primeiro trimestre do exercicio. Iso si, a estas alturas, á comunidade veñen tres veces menos inmigrantes que fai un ano.
Entre xaneiro e marzo, un total de 1.635 estranxeiros regularizaron a súa situación en Galicia mediante o Réxime Xeral, ao que teñen que acollerse todos aqueles que veñan de países que non formen parte da UE ou do Espazo Económico Europeo. Especialmente os latinoamericanos, de onde procede un dos fluxos máis intensos nos movementos da poboación para a comunidade. Outros 203 orixinarios de países comunitarios, sen embargo, ou ben retornaron ou perderon a súa tarxeta por quedarse no paro. Nada que ver cos máis de 4.000 que  viñeron a Galicia durante o primeiro trimestre do pasado ano entre ambos réximes, segundo o Observatorio Permanente da Inmigración do Ministerio de Traballo.
O incremento das tarxetas de residencia no arrinque do 2009 en Galicia é un dos máis elevados de todo o Estado. Catro veces por riba da media nacional, de só un 0,49%. En Aragón, Baleares, Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana, Extremadura, Navarra e A Rioxa, a evolución é negativa e os disparados incrementos que experimentaban as comunidades máis receptoras son agora moi discretos. Como o 0,83% de Andalucía, o 2,5% no que se moven Madrid e Murcia ou o 3,5% rexistrado en Cataluña.
Coas últimas incorporacións, o total de estranxeiros con certificado de rexistro ou tarxeta de residencia en vigor supera en Galicia xa as 87.000 persoas, case un 10% máis que en marzo de 2008. A Coruña é a provincia onde o volume de inmigrantes é maior, con 32.800, seguida de Pontevedra, con 29.591, onde a tendencia ao descenso afecta con máis forza, cun recorte do 1,32% entre os inmigrantes comunitarios e do 0,67% entre os extracomunitarios no primeiro trimestre. O colectivo acada os 12.866 en Ourense e os 16.866 en Lugo

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas