GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Celta 'viste' a mozos refuxiados en Grecia

(13/12/2018)

O Celta 'viste' a mozos refuxiados en Grecia



      A Fundación Celta envía equipamentos para os partidos amigables dos mozos


redacción 12.12.2018 | Faro de Vigo

 
Algúns dos mozos que recibiron as camisetas do Celta // FdV

 

 

Un grupo de mozos refuxiados que viven en Grecia xa loce as cores do Real Club Celta. A Fundación Celta, en colaboración co Proxecto RefOOtges 11/90 da ONG Acciò Solidaria Mediterrània, enviou distintos equipamentos do club para que decenas de nenos e nenas puidesen vestilas nos diferentes partidos amigables que disputan cada semana.

Con esta acción a Fundación Celta "apóiase no fútbol como ferramenta que fomenta a integración, a socialización e o traballo en equipo para persoas en situación de desprotección, vulnerabilidade, risco e/ou exclusión social".

Nos últimos anos, millóns de persoas procedentes de Siria, Palestina, Iraq, Irán e outros países veciños  fuxiron das súas casas por mor dos conflitos armados que hai nestes territorios. Moitas delas viaxaron ata Europa coa esperanza de retomar as súas vidas lonxe da guerra. O peche de fronteiras ocasionou que miles de persoas quedasen atrapadas en Grecia e Turquía.

O proxecto RefOOtgees 11/90 nace coa idea de dotar aos participantes do mesmo dun tempo de esparexemento e diversión da man do deporte. Un espazo que axude aos nenos e mozos que, por circunstancias alleas á súa propia vontade víronse obrigados a abandonar o seu país, a súa casa, a súa vida, para sobrevivir ao conflito armado. Sobre todo novos que, actualmente, ven pasar os días sen ningunha actividade que lles permita evadirse da realidade, feito este que lles empuxa en moitos casos á depresión, apatía crónica e mesmo ás drogas ou alcol.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas