GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Secretario de Emigración de Galicia visita Uruguay e percorre institucións

(22/06/2009)

Secretario de Emigración de Galicia visita Uruguay e percorre institucións
EFE , Montevideo | 21/06/2009
O secretario xeral de Emigración da Xunta (Goberno autónomo) de Galicia (norte español), Santiago Comba Bouzas, chegou hoxe para unha visita de poucas horas a Montevideo e entrevistouse con autoridades do Centro Galego e Casa de Galicia.

"Foi unha visita de cortesía para presentarse e conversar sobre os plans que ten para a súa xestión", dixo a EFE, Daniel Cherro, xerente do Centro Galego.

"Mostrámoslle as instalacións da nosa institución e entregámoslle unha documentación referida a todas as actividades que temos no Centro", agregou.

Durante o encontro coa directiva do Centro Galego, Comba Bouzas, que foi acompañado por dirixentes locais do Partido Popular (PP), sinalou que "a Xunta abrirá unha oficina en Montevideo, e existe a posibilidade de que a mesma funcione na nosa institución", sinalou Cherro.

Ademais, as autoridades convidaron ao secretario de Emigración galego para que participe nos festexos polo 130 aniversario de Centro Galego de Montevideo, que se cumprirán o 29 de agosto próximo.

"Díxonos que, na medida das súas posibilidades, tratará de estar presente nos festexos", salientou o xerente da institución.

"Quedaron as portas abertas para seguir conversando sobre plans, proxectos e necesidades", agregou Cherro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas