GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Memoria histórica. 26.000 descendentes de emigrantes espanoles obtiveron a nacionalidade coa lei de memoria

(23/06/2009)

Memoria histórica. 26.000 descendentes de emigrantes españois obtiveron a nacionalidade coa lei de memoria
22/06/2009 -
MADRID, 22 (SERVIMEDIA) O secretario xeral de Asuntos Consulares e Migratorios, Francisco Javier Elorza, asegurou hoxe que 26.000 fillos ou netos de emigrantes españois obtiveron a nacionalidade en aplicación da disposición sétima da Lei de Memoria Histórica.

Elorza ofreceu estes datos a un grupo de xornalistas tras participar na apertura do III Pleno do V Mandato do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, do que é vicepresidente.

Salientou que a citada disposición da Lei de Memoria Histórica "estase aplicando de maneira eficaz e sen problemas nos primeiros cinco meses do ano". Así, comentou que neste período se  presentaron  67.000 expedientes, dos cales se aprobaron 26.000.

Elorza indicou que 2.180 expedientes foron denegados ou ben por falta dalgún documento ou, incluso, porque o solicitante non é nin fillo, nin neto de español, ou porque a súa familia emigrou fóra do período que contempla a lei.

Aclarou que o 87% dos expedientes presentados son de fillos de españois orixinarios, pai ou nai, e que non necesitan o haber residido en España para obter o pasaporte español, e o 13% de netos do exilio.

Tamén resaltou que a maioría dos solicitantes de nacionalidade española naceron en Cuba, a Arxentina, Uruguay e Venezuela. O 96% procede de América Latina e unicamente o 4% de Europa e resto do mundo.

"Claramente o noso exilio político derivado da Guerra Civil e da Ditadura encamiñouse a América Latina", aseverou.

Finalmente, Elorza sinalou que os consulados xa concederon 165.000 citas ata decembro de 2010 para que fillos ou netos de exiliados poidan acadar a nacionalidade, que, segundo dixo, é "case inmediata" se conta con todos os documentos en orde.

CRISE Pola súa banda, a secretaria de Estado de Inmigración e Emigración asegurou que a crise económica non está tendo incidencia no número de emigrantes españois que queren retornar a España.

Neste sentido, Rumí indicou que a Oficina do Retorno aberta polo Goberno recibiu no que vai de ano máis de 800 consultas de emigrantes que expresaron o seu interese por regresar a España.

Por outra beira e durante a súa intervención no Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, a secretaria de Estado salientou a importancia de que os mozos teñan unha maior presenza neste organismo, así como no movemento asociativo español nos países nos que residen.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas