(18/01/2019)
O Ministerio destaca os 45,2 millóns de euros destinados a pensións asistenciais para emigrantes
Redacción, Madrid | 17 Xaneiro 2019 -Crónicas da Emigración
A ministra Magdalena Valerio, xunto a outros dirixentes do Ministerio, na presentación do orzamento.
A ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social, Magdalena Valerio, e a secretaria de Estado de Migracións, Consuelo Rumí, acompañadas por outros dirixentes do Ministerio, presentaron este xoves o Orzamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social para 2019. No referente a Emigración, destacaron os 45,2 millóns de euros que se destinarán ás pensións asistenciais para emigrantes.
No apartado de gastos dirixido aos cidadáns españois que residen no exterior, o orzamento do Ministerio destina aos distintos programas 63 millóns de euros –para un total de 65.380.730 euros contando os gastos en persoal e en bens e servizos–, o que supón unha subida do 10%.
Entre os programas dirixidos aos cidadáns españois que residen no exterior destacan as pensións asistenciais para emigrantes (45,2 millóns de euros), seguidas das subvencións para centros e institucións no estranxeiro, as axudas para emigrantes retornados, as pensións por ancianidad para emigrantes retornados e o Plan de Retorno a España.
O Plan de Retorno, cun orzamento de 3 millóns de euros, implicará a varios departamentos ministeriais, comunidades autónomas, entidades locais, universidades, axentes sociais, sector empresarial e, de forma moi especial, aos propios emigrantes. Este Plan ten como principal obxectivo poñer en contacto a empresas con demandas de emprego e aos españois que emigraron durante a crise económica para facilitar o seu retorno a España.
En termos xerais, o Ministerio considera que as contas para 2019 caracterízanse polo reforzo do Estado de Benestar, a protección dos máis vulnerables, a mellora das perspectivas de emprego estable e de calidade e a aposta por unha política migratoria integral.
Estes orzamentos conteñen o maior gasto social desde o ano 2009, un 57,3% respecto ao total do gasto. O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social asume máis do 80% de todo o gasto social do Estado.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas