GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os galegos en Venezuela viven con incerteza a posibilidade dunhas eleccións

(04/02/2019)

Os galegos en Venezuela viven con incerteza a posibilidade dunhas eleccións

Emigración mantén os programas de axudas e subministración de medicamentos

 
03.02.2019 | Faro de Vigo

 

A "incerteza" que se cerne sobre o futuro de Venezuela mantén á expectativa á comunidade galega no país suramericano tras a autoproclamación como presidente interino de Juan Guaidó e o recoñecemento que lle deron a Unión Europea ou Estados Unidos, entre outros. No entanto, cando se cumpre o prazo para unha convocatoria de eleccións dado polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a comunidade galega mantén a "esperanza" dunha saída a mellor "" á crise que atravesa a república, aínda que desde o vello continente tamén se ve con preocupación "" a situación dos seus familiares.

 

A galega é a segunda comunidade de emigrantes, despois da canaria, máis relevante en Venezuela. O último padrón (2018) revela que hai 40.226 galegos (a maioría en Caracas capital), dos cales 25.309 (o 37%) naceron en Galicia e, o resto, son descendentes. Mentres, en xaneiro de 2016 a cifra alcanzaba os 46.095 galegos con nacionalidade española e inscritos nalgún concello de Galicia.

 

Pola súa banda, a cifra de retornados pasou dos 1.492 galegos que viñeron a Galicia desde Venezuela en 2016 aos 2.163 de 2017 unha cifra que, segundo explicou a Secretaría Xeral de Emigración, calcula que será superior cando se conten cos datos definitivos do ano 2018.

 

Os datos provisionais do primeiro semestre (que non están especificados por países) apuntan que, entre xaneiro e xuño de 2018, retornaron 3.118 galegos á comunidade, o que supón un 25% máis que o mesmo período do ano anterior.

 

Polas redes sociais

 

O presidente da maior comunidade galega en Venezuela, Roberto González, afirmou que o momento é "de incerteza en xeral" e "expectativa do que poida suceder". "Non se sabe de certo o que está a suceder, realmente vai decatándose a xente polas redes sociais", indicou. Ademais, sinalou que o sentimento é de dúbida, "apostando por unha saída boa para todo o mundo, promovendo que haxa un cambio, pero non vai depender da poboación". "Esperamos un cambio, este sistema esgotouse", apuntan.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas