GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Consuelo Rumí: 'O inmigrante non é o culpable da crise, é a súa vítima máis vulnerable'

(23/06/2009)

Consuelo Rumí: 'O inmigrante non é o culpable da crise, é a súa vítima máis vulnerable.



Consuelo Rumí defende a reforma da Lei de Estranxeiría, que xa foi enviada ao consello de Estado, e que "dá resposta non só ao hoxe senón tamén á mañá da inmigración"


PINO ALBEROLA. ALACANTE En que proceso se atopa a reforma da Lei de Estranxeiría e que prazos manexa o Goberno para a súa aprobación definitiva?
Fai unha semana que foi enviada ao Consello de Estado, que é o último trámite perceptivo. A intención é que sexa o antes posible para poder abordar o proceso no ámbito parlamentario de tal maneira que antes de que acabase o ano estivese aprobada.
Cal é o seu espírito?
Pasar dunha lei de estranxeiría a unha lei de inmigración. Ata fai 5 anos o ámbito da inmigración só incluía todo aquilo que tiña que ver coa Estranxeiría, é dicir, a mera documentación. Non había unha política integral que abordase control de fronteiras, loita contra a inmigración clandestina,... Despois de ver o que pasou nos países do noso contorno España decidiu apostar por un modelo intercultural. O que facemos agora coa reforma é trasladar esa política integral ao marco dunha lei orgánica. Trátase de trasladar o que fixemos co acordo do Diálogo Social, que demostrou que é bo e que é útil en épocas de expansión e en épocas de contracción do emprego. O espírito da reforma é ese e engadiría que é unha reforma equilibrada, garantista, que leva consigo seguridade xurídica e estabilidade normativa. É unha lei moderna, que dá resposta non só ao hoxe, tamén á mañá da inmigración.
Sen embargo, hai aspectos dela que están sendo moi cuestionados, como a reagrupación familiar
É certo que houbo unha modificación no texto que enviamos ao Consello de Estado. É unha modificación que, na miña opinión, demostra a flexibilidade do Goberno. Nesta lei queda claro que os dereitos fundamentais son para todas as persoas, independentemente da súa situación administrativa. Pero logo hai unha serie de dereitos que se van adquirindo en función do tempo que un leva no noso país. Ata aquí o único que fixemos é ampliar.
E respecto aos ascendentes?
Cremos que o ascendente debe vir cando teña máis de 65 anos e as condicións que concorran sexan as axeitadas. Non queremos que un ascendente veña a España como ascendente pero que o seu obxectivo sexa, por exemplo, traballar. Se alguén vén a España para traballar debe vir cun contrato en orixe a través dos mecanismos que existen. É verdade que houbo moitas peticións por parte das ONG de que se estudase se un ascendente non tivese aínda 65 anos pero as circunstancias que concorren aconsellan ese reagrupamento. Neste sentido fixemos unha modificación no texto que entrou ao Consello de Estado.
Endurece o novo texto as sancións para os irregulares?
Non. As sancións que aumentan son respecto aos traficantes, para quen utiliza aos inmigrantes. A única modificación respecto ao irregular é que se incrementa o período de internamento. Necesitamos un pouco máis de tempo, sobre todo para as repatriacións que teñen que ver cos asiáticos, porque son moi complexas.
Os sindicatos din que non se contou con eles para a reforma da Lei, rompéndose o Diálogo Social.
Cos sindicatos traballouse e acordouse a parte do texto que ten que ver co tema laboral. O que fixemos é trasladar todo o
que tiñamos acordado con eles ao texto legal. O viron e estaban de acordo. Ben é certo que o texto no seu conxunto non podía ir ao Diálogo Social porque este só está afectado polo ámbito laboral. O resto do texto, todo o que ten que ver co Ministerio do Interior, non é un tema de
Diálogo Social.
Que contesta a quenes acusan ao Goberno de cambiar a súa política migratoria coa crise?
Que non ten nada que ver coa realidade. Demostrouse a súa eficacia, como dixen antes, en épocas de expansión e en épocas de contracción. Eses instrumentos dinnos como e cando podemos contratar, co Catálogo de Ocupacións de Difícil Cobertura. O catálogo baixou moito as súas ocupacións, aínda que segue habendo e polo tanto segue habendo contratacións no estranxeiro. O axustar a chegada en función do mercado laboral era algo que xa existía, o que ocorre é que ata este ano non o vimos reflectido. 
Arrepíntense do último proceso de regularización?
Non. O proceso de normalización foi para os traballadores, pero tamén para os empresarios. Os empresarios foron os primeiros que quixeron, porque necesitaban traballadores legais e non os  podíamos ter porque o Goberno anterior non facilitou esa chegada de legais. Polo tanto foi un proceso consensuado por todos. Pero ademais, é que se necesitaban eses traballadores. O que estamos facendo agora é priorizar a contratación interna. Antes que contratar en orixe imos a recolocar a aqueles que  quedaron  no paro.
E algunha medida para axudar aos inmigrantes que se  quedaron  en paro e xa non cotizan?
As medidas son as mesmas para españois e para estranxeiros. O novo modelo produtivo que se pon en marcha tamén lles afecta .... e por aí é por onde imos saír da crise. O inmigrante non é o responsable da crise, é unha vítima máis e se me apura a máis vulnerable porque carece de redes sociais e familiares.
Respecto a este plan de retorno, hai quenes o ven  como unha forma de vincular crise e inmigración.
Creo que é unha interpretación completamente afastada da realidade. O retorno é un dereito, é unha opción e polo tanto non se obriga a ninguén. É a única medida que afecta só aos inmigrantes pero tamén ofrecemos o retorno para os españois que se foron. E aí está, como un dereito máis, unha opción máis. Quero lembrar ademais que desde 2003 existe un programa de retorno para situacións de vulnerabilidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas