GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Corbacho brinda o seu apoio e complicidade ás emigrantes pese á crise

(24/06/2009)

Corbacho brinda o seu apoio e complicidade aos emigrantes pese á crise
Madrid, 23 de xuño de 2009 (EFE).

O ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, expresou hoxe seu "apoio decidido e complicidade" cos representantes dos emigrantes españois pese ao difícil momento económico.


"Seguiremos traballando convosco para seguir avanzando en temas lexislativos e de políticas sociais dentro das posibilidades que podamos ter", afirmou o ministro no seu discurso diante do pleno do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior.

Corbacho expuxo que a crise financeira global supón un momento de "complexidade de carácter planetario" que afecta a todos os cidadáns, polo que é "máis importante que nunca" defender os servizos sociais.

"Antes ou despois sairemos de esta crise e trátase de que ese momento non repercuta nas políticas sociais que supuxeron tantos avances", dixo.

Así, o Goberno apostou por defender as políticas sociais tanto en España coma en Europa: "Ese é o reto de España, levar o debate das políticas sociais á UE, onde só existe o discurso financeiro", subliñou.

En declaracións a EFE, o presidente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, Francisco Ruiz, salientou que o obxectivo máis importante polo que loita a organización neste momento é que se resolva o pago do Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez antes "de que se morran todos os velliños".

Coñecido como o SOVI, este seguro que xa desapareceu, supón unha pensión mínima para quenes non poden acceder a ningún outro tipo de subsidio, o que lle acontece a uns centenares de españois que viven no estranxeiro.

Outras das reclamacións do Consello é "que se poña en marcha" a regulación dos Consellos de Residentes Españois no Estranxeiro e que este organismo sexa capaz de "renovarse e atraer a máis mozos e mulleres, porque eles son o futuro", salientou Ruiz.

Ademais dos representantes do Goberno e da emigración, á reunión tamén asistiron altos cargos dos ministerios de Interior, Economía e Facenda, Xustiza, Educación, Igualdade e Ciencia e Innovación.

Os sindicatos, a patronal e as Comunidades Autónomas tamén participaron na cita para tratar os problemas dos españois que viven no exterior

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas