(04/03/2019)
A Lama, un municipio marcado pola emigración, ten case un cuarto dos seus inmobles sen ocupantes
02.03.2019 | Faro de Vigo
Na comarca, o municipio que conta cunha maior porcentaxe de vivendas baleiras, segundo este informe de Fegein, é A Lama. Neste concello pódense xuntar dous factores que expliquen esta situación. O primeiro é un xa abordado pola Federación de Empresas Inmobiliarias como pode ser o movemento de poboación das zonas rurais cara ás áreas urbanas do litoral. Con todo, neste municipio non se pode obviar o seu pasado claramente marcado pola emigración de moitos dos seus veciños a América Latina; familias que conservan as súas casas matrices na Lama ás que regresan habitualmente pero que manteñen a súa residencia habitual nos países de destino.
No lado oposto, o concello no que menos residencias baleiras hai é en Campo Lameiro, onde só un 8,76% das casas non teñen ocupantes.
O segundo con menos inmobles sen uso é Cotobade, polo que concorda coa explicación que achega o presidente de Fegain de que hai que buscar máis a explicación a este elevado "stock" de vivenda baleira ao feito de que os propietarios non se atraven a alugala que a un despoboamento do rural. E é que áreas urbanas da comarca como Marín contan cunha porcentaxe de vivendas baleiras superior (cun 16,6% e dous mil inmobles sen uso). En Poio son tamén 1.914 vivendas sen uso, un 20% do total.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas