GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Só a industria, a construción e as comunicacións seguen destruíndo emprego asalariado inmigrante

(25/06/2009)

Só a industria, a construción e as comunicacións seguen destruíndo emprego asalariado inmigrante
23/06/2009 - 

MADRID, 23 (SERVIMEDIA) A afiliación de estranxeiros ao Réxime Xeral da Seguridade Social incrementouse no mes de maio en todos os sectores agás en tres: a industria manufactureira, a construción e as comunicacións, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Traballo e Inmigración.

A maior caída nestos tres sectores rexistrouse no da industria manufactureira, cun descenso de 617 afiliados; seguida da construción con 172 cotizantes menos; e, por último do sector da información e as comunicacións, que sufriu unha redución no número de ocupados de 93 persoas.

Así mesmo, tamén rexistrou unha evolución negativa en maio o Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), onde o número de afiliados reduciuse en 616 inmigrantes emprendedores.

No resto de sectores creouse emprego no mes pasado, especialmente no agrario, cun aumento de 13.912 inmigrantes traballando, tanto no Réxime Especial Agrario, como no xeral e no de autónomos.

En concreto, o incremento rexistrado en maio no Réxime Especial Agrario da Seguridade Social acadou as 13.486 persoas, mentres que no xeral aumentou en 497 e no de autónomos reduciuse en 71 afiliados.

No que fai ao Réxime Xeral, os maiores aumentos de cotizantes déronse na hostalería (11.711), nas actividades administrativas e servizos auxiliares (1.823), e nas actividades artísticas, recreativas e de entretemento (817).

En conxunto, como xa informou o Ministerio a principios de mes, a cifra media de afiliados inmigrantes á Seguridade Social situouse en maio nos 1.917.223, o que representa un incremento de 29.831 cotizantes respecto ao mes anterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas